O goberno afoga ás asociacións culturais e de festas

(Ames 15-04-2013) O goberno do PP de Ames dá unha volta máis nos seus resortes e afoga ás actividades das asociacións culturais e de festas ao reducir a menos da metade as axudas municipais entre o 2010 e 2012, co único fin de sumar euros ao seu Plan de Axuste.
Nos últimos dous anos produciuse un descenso drástico nas achegas do Concello a Asociacións culturais e de festas, caendo dos 85.273,51 € en 2010 aos 39,201,24 en 2012, ou sexa o concedido neste ano supón é só o 45,97 % do que se concedeu hai dous anos, o que pon en perigo a continuidade desas actividades. Nin sequera a crise económica xustifica esta situación, xa que o orzamento é moi superior ao que finalmente o Concello concedeu, para este ano 2012 -resolvido en marzo de 2013- o fixado na convocatoria de subvencións ascendía a 69.600€ e o concedido son 39.201,24€, só se concede o 56,32% do orzamentado para asociacións culturais e de festas. E aínda estamos á espera do que acontecerá cos clubs e asociacións deportivas.
As razóns diso están en primeiro lugar nunhas bases de convocatoria draconianas nos requisitos de xustificación que desincentivan facer as solicitudes, pero tamén unha información insuficiente e a falta de iniciativas de promoción e apoio por parte da administración ás asociacións para que fagan esas solicitudes. Ademais tampouco axudan con outros medios, pois a achega de palcos ou carpas que antes se facía desapareceu na maioría dos casos. Son igualmente graves as condicións para a percepción destas achegas; un caso concreto, para poder percibir 600 euros debe xustificar 3.000, esa asociación pois non vai recibir nin o importe do IVA da factura que ten que aportar para poder cobrar, e ademáis soportar o resto do orzamento non subvencionado. Lamentable.
Quen se atreverá nestas condicións a promover ningún tipo de actividade cultural?. Volvemos aos tempos escuros.
Ante este desprezo e abandono irresponsable do goberno, Ames Novo presentou unha MOCIÓN DE AMES NOVO SOBRE AS ACHEGAS A ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DE FESTAS para que se repartan o conxunto das contías fixadas nas convocatorias das asociacións, e constituír unha comisión entre as forzas políticas municipais e as asociacións culturais e de festas para consensuar unhas bases que potencien e faciliten o traballo das entidades, e que se faga a convocatoria no comezo do ano que podan saber de que cartos poden dispoñer. Tamén se propón que se fixe o 0,5% do orzamento municipal con destinos ás axudas e convenios para entidades culturais e de festas, determinando unha referencia que non varíe a discreción dos gobernantes de cada momento.
Concesión de Subvencións actividades culturais e de festas |
|||
Ano 2010 |
Ano 2011 |
Ano 2012 (concedida abril de 2013) |
|
Actividades Culturais |
Concedido: 49.888,55€ (26 entidades) |
40.048,97€ (22 entidades) |
23.401,24€ (15 entidades) |
Festas populares |
35.384,96€ (12 comisións festas) |
23.639,77€ (10 comisións de festas) |
15.800 € (8 comisións de festas) |
TOTAL |
85.273,51€ |
63.688,74€ |
39.201,24€ |
O reparto das subvencións de 2012 podes velo na Acta da Xunta de goberno local que recollemos aquí: Reparto_axudas2012_cultura_festas
Podedes consultar todos os datos para cada ano que dan conta do que afirmamos:
Concesión Subvencións Cultura Festas 2012
Concesión axudas 2011 Cultura, Festas, Deporte, Comercio
Concesión Subvencións 2010 Cultura, Festas, Deporte
Asi como as convocatorias das subvencións
2012: Bases Convocatoria subvencións cultura 2012 Bases Convocatoria subvención festas populares 2012
2011: Bases Subvencions 2011 Cultura, Festas, Deporte
2012: Bases Subvencións 2010 Cultura, Festas, Deporte