CONMEMORACIÓN DO DÍA DA REPÚBLICA

O pasado 14 de Abril conmerouse a chegada da República ao Estado Español cunha ofrenda de 7 rosas vermellas por cada un dos republicanos aparecidos mortos nas curvas de Lapido. Despois asistimos a duas charlas : Unha de Anxo Doval sobre “o goberno local de Ames durante a República” e outra de Fran Redondo sobre ” A República primeiro e único réxime democrático do Estado Español”. Estas foron as suas achegas:
O GOBERNO MUNICIPAL DE AMES DURANTE A REPÚBLICA
Vivimos nun Concello no que o “silencio da longa noite de pedra” parece que dura máis que en calquera outro da nosa contorna. Apenas hai referencias a feitos acontecidos en Ames antes de mediados dos anos 50 do século pasado en traballos sobre outras terras, o máis “autóctono” que temos son as vivencias persoais de Maximino Viaño , ás que nos referiremos máis adiante.
Co gallo da conmemoración da proclamación da II República presentamos esta primeira achega da vida do goberno municipal ao longo da sua curta vida
As eleccións de 12 de abril de 1936 contemplaron o trunfo da candidatura agrarista , pero foron unas eleccións que non deberon desenvolverse dunha maneira moi limpa, polo que o goberno civil ordenóu a sua repetición, pola reclamación que os garciprietistas fixeron según se recolle na nota de prensa que o diario El Pueblo Gallego recolle da repetición delas qe se realizóu o 31 de maio. Tampouco deveron desenvolverse nun tono moi pacífico , así Maximino Viaño (1) recolle a destrucción dalgunha urna en Bertamiráns.
Pero quenes eran os agraristas e os garcipritistas?. As candidaturas agraristas eran candidaturas independentes que se identificaron con aquelas procedentes do movemento asociativo agrario, pero con pouca uniformidade ideolóxica.; en canto aos garciprietistas eran os seguidores de Montero Ríos na comarca compostelana , que durante toda a etapa da restauración monárquica alternaron o poder cos conservadores. Según o Diario o Compostelano, cando da noticias das eleccións celebradas o 12 de abril en Ames da como resultado 15 socialistas agrarios e 3 republicanos garciprietistas.
Nas eleccións do 31 de maio dinos El Pueblo Gallego:
“Fue reñídisima la batalla que dieron los antiguos caciques por no perder el mangoneo, llegándose a presentar sus candidatos como republicanos cuando hace poco tiempo pertenecían a la monarquía. Así pasó en Ames donde volvió a aparecer un aspirante a cacique que en las últimas elecciones luchó como garciprietista, y en éstas, considerándose con la absoluta por haber licenciado su jefe a sus huestes, presentó sus candidatos con el carácter de republicano radical, obteniendo la misma derrota que las celebradas en abril, no obteniendo puesto alguno, pues los elementos republicanos agrarios sacaron triunfante su candidatura”
Os nosos agraristas presentáronse ás eleccións desde o poder municipal xa que conformaron unha candidatura en torno a Oscar Lojo Batalla que xa era alcalde desde o 16 de setembro do ano 1930. Según as noticias que nos da dél Maximino Viaño (2) volvéu das Américas cunha certa fortuna. Este carácter de emigrante retornado é o que probablemente lle dea o carácter político aos nosos agrarios, pois seguindo a Bernardo Maiz (3) “os emigrantes retornados constituiron ou conformaron as directivas de numerosas sociedades agrarias, trouxeron novas ideas de progreso tanto técnico coma ideolóxico , fortemente anticlericais e antimonárquicos, convencidos das virtudes dos reximes políticos democráticos; estes retornados constitutiron un elemento básico na creación de sociedades en Galiza e no xiro de moitas a posturas viradas á esquerda”.
Pola sua actuación ao longo de todo o periodo republicano acreditamos que eran unha candidatura que quería romper cos manexos caciquís da época monárquica e trouxo ideas de modernización, fundamentalmente a través da educación e da mellora das vías de comunicación como logo veremos. Seguindo a Grandío (4) mantivéronse como republicanos independentes , agás no periodo 1934-1935 en que formaron parte do PRG (os Casaristas en Galicia)
Temos que decir que foi unha corporaión moi estable. Entre os concelleiros que tomaron posesión o 21 de Abril e os que o fixeron o 22 de xuño ,logo de repetirse as eleccións, únicamente se produce unha baixa, a de Francisco Villanueva Calvo. E ata o mes de xullo do ano 1936 únicamente se produce a baixa de Enrique Bustelo Otero , de Viduido, polo seu falecemento. O resto dos membros da corporación foron:
Marcelino Abeledo Alvarez (1º tenente de alcalde), Manuel Ferro Rey, José Ramón Seara Noya, José Vázquez Lens, Manuel Reino Barreiro, Antonio Crespo Gómez, Benito del Río Baliña, José Barbeito Barreiro, Manuel rey Beiroa, Manuel Lamas Lamas, Vicente Guerra Pose, Oscar Lojo Batalla, Enrique Bustelo Otero, Francisco Fernández Suárez, Manuel Nieto Castro, Jesús García Casas.
A sesión constituinte do día 21 de abril foi presidida por Oscar Lojo como alcalde saínte, e unha vez iniciada a sesión quixo colocarse co resto dos concelleiros, pero éstes llo impediron “nombrándole por aclamación Presidente de la República e obligándole a presidir de nuevo la sesión”, así dí a acta e continúa:
“declaró abierta la sesión que dio comienzo dando cuenta de la proclamación de la República, transición que representa en este momento histórico de nuestra patria la viva expresión de los anhelos y convicciones íntimas latentes en la casi totalidad del pueblo español exteriorizada completamente en las elecciones municipales del día 12 con fuerza invencible que nos proporciona la satisfacción de participar de un modo directo en la obra de gobierno”
Despois a corporación fai unha adhesión unánime e enfervorizada ao Estatuto Jurídico de la República, elixen os tenentes de alcalde e síndicos, se iza a badeira tricolor e faise “una manifestación unánime y espontánea de los reunidos de inquebrantable fidelidad y adhesión a la naciente República Española y el poder constituido”.
Na sesión de 22 de xuño volve a constituirse a corporación xa con máis formalidades, é presidida por Marcelino Abeledo, de Ortoño, o concelleiro máis votado (hai que decir que as eleccións fixéronse en tres distritos e era normal que os máis votados o foran no que tiña maior censo), e tamén o alcalde se elixéu en votación secreta, pero de novo Oscar Lojo Batalla, de Tapia, saíu por unanimidade.
Foi un goberno con inicativa que quixo traer ao noso pobo progreso e novas ideas soiais e políticas, fomentóu o asociacionismo, creóu escolas, novos camiños e arranxo dos que estaban en mal estado, e ocupouse tamén das augas: as fontes e os lavadoiros, (as traidas daquela), adoptóu inciativas de impulso do comercio e trouxo á luz pública por primeira vez ás rúas do concello. Tamén aquí cadran os nosos agrarios coa definición dada por Bernardo Maiz: novas ideas de progreso a través da educación e da novas vias de comunicación e outras infraestruturas, aínda que non no anticlericalismo, en Ames non se deron situacións de prohibición de manifestacións relixiosas na rúa (procesións ou enterros), coma noutros lugares, a pesar de que isto lle creóu algúns problemas ao alcalde Lojo Batalla.
Crearon Escolas: na primiera sesión non organizativa, deron conta da creación da escola de Searez, despois a de Agrón, o Santo , Bertamiráns e Bugallido. En data 14 de novembro o sindicato agrícola de Viduido solicita unha escola a ubicar no Milladoiro para os nenos deste lugar e tamén de Coira, Ventín e a Grela para atender a unha pobación de 356 habs con 30 nenos e 41 nenas, a mais próxima era a de Viduido a 3 km., (creada o 6/8/1932). Tamén se solicita para Castiñeiro de Lobo, Pegariños e Pousada con 274 hab, 25 nenos e 30 nenas (creada o 29/10 de 1932). Novas escolas en Gasamáns, Cobas, a de Tapia (por certo que o seu edificio foi pagado por Oscar Lojo do seu peto, según Maximino Viaño), arranxaron ou construiron novos edificios nos lugares onde xa había escolas, suliñar aquí a grande aportación de sociedades galegas no exterior coma a Sociedad de Riberas del Tambre y Valle de la Mahía ou a Sociedade de Hijos de Calo y Viduido, ou o ofrecemento de locales por sociedades agrarias coma a de Viduido , Bugallido Y Ortoño. Do apoio á educación pode dar fé que en época tan temprana coma o 12 de agosto do 31 xa se fai un recoñecemento á gran labor do ministro de educación Marcelino Domingo. Ningún outro ministro o merecéu. Tamén é significativo que todos os concelleiros fagan tamén un recoñecemento á labor a prol da educación do seu alcalde e das sociedades en América (26/11/1932)
Tamén as obras públicas: na segunda sesión non organizativa aproban o arranxo da ponte da Cabrita sobre o Sar en Costoia, destruida por un temporal, aprobaron a construcción de camiños de Bertamiráns a Auga Pesada, de Ponte Maceira a Ponte Insua, Ames a Pontemaceira, Santo a Bastabales, Santo á estación de Casal, Viduido de Abaixo a Osebe , de Milladoiro a Viduido de Abaixo, aprobaron unha ponte entre Lens e autra riveira do Tambre, … Os facciosos truncaron moitos destes proxectos aprobados.
Posicionaronse políticamente manifestando a sua “adhesión entusiasta “ ao Estatuto de Galicia e nomearon ao alcalde comisionado para a sistir á Asamblea de Municipios que aprobou o proxecto no ano 1932, e aprobaron unha aportación de 200 euros para a campaña do estatuto (80.000 euros serían no noso orzamento). O 27 de outubro de 1934 manifestan a sua adhesión ao goberno polos “últimos sucesos revolucionarios”.
O 1 do de decembro de 1934 solicitan unha feira de gando para Barouta que é aprobada na Xunta Provincial de Fomento o 19/10, que terá unha gran repercusión os seguintes anos.
A finais do 1935 e ao longo de 1936 inician unha nova área a do alumedo público que empezan en Lens e toda a parroquia de Ortoño (incluía Bertamiráns). Á Casa do Concello chega a luz eléctrica a principios do 36.
Moitos destes proxectos foron interrumpidos polo golpe de Estado, algún abandonados definitivamente coma a ponte entre Oca e Vilacoba, para a que o Consello de ministros xa habilitara unha partida en maio de 8.000 pts.
O 1 de agosto de 1936 a autoridade militar da praza de Santiago Juan Sanmiguel del Río cesa a todos os concelleiros e constitue unha comisión xestora composta polo veciño das Punxeiras (Ortoño) Ramón Veiga Martínez e o secretario do Concello ( que moitos quebradeiros de cabeza dera á lexítima coroporación) Luis Salqués.
O 28 de outubro constituese unha nova corporación nomeada polo gobernador civil da provincia composta por Ramón Veiga como alcalde e outros 6 concelleiros titulares e 5 suplentes.
Duróu o tempo da guerra e ademáis de xestionar o reclutamento e promover misas homenaxe, tan só se ocupóu de pagos. Chegóu a noite despois da luz e o progreso.
(1) .- Viaño, Maximino : Lembranzas : una vida en el campo gallego .- Santa Comba, A Coruña : 3C3, imp. 2001…pax. 460
(2) .- Viaño, Maximino: op.cit., pax. 449
(3) .- Bernardo Máiz: Galiza entre Primo de Rivera e a IIª República, unha achega .- En : Xuntos por Galicia : a Asamblea de Concellos de 1932 e o Estatutode Autonomía de Galicia / Antón M. Pazos (ed.) .- Santiago de Compostela : Instituto de Estudos Gallegos “Padre Sarmiento” , 2009 .- pax. 59
(4) .- Grandío Seoane, Emilio: o Poder local na provincia da Coruña durante a II República.- En: Poder local, élites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936) . [Congreso, Santiago de Compostelano, xuño de 1996] .- Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 1997.– P. 243-274.
ANXO DOVAL
Resumo da intervención celebrada en Aldea Nova (Ames) o 14 de abril de 2013 con motivo do aniversario da II República
As eleccións de febreiro do 36 levan á vitoria a coalición de esquerdas conformada no Frente Popular. Para entón, os preparativos para a sublevación de xullo estaban en marcha. Cando a Igrexa católica irrompa como un vendaval no escenario político, a suma do púlpito e a reacción fará imposíbel discernir entre relixión, orde e propiedade. Incluso a posterior represión será santificada polas autoridades eclesiásticas que cualificaron de “cruzada” e “plebiscito armado” unha guerra de exterminio nacida dun golpe de Estado que fracasou nunha boa parte do territorio.
FRAN REDONDO