Construír a terra da fraternidade

O 25 de Abril de 1974 ás 00:20 horas comezan os movementos de tropas, coordenadas polo Movemento das Forzas Armadas (MFA) que han de por fin ao sistema ditatorial e represivo, instaurado por Salazar 41 anos antes. O movemento consigue a inmediata adhesión popular e milleiros de civís acompañan ás tropas e carros de combate no seu camiño cara aos obxectivos asignados… a “Revolução dos Cravos” está en marcha.
Trinta e nove anos despois, a crise económica provocada pola especulación sustentada en políticas neoliberais, atopámonos nunha situación na que a maioría social se ve sometida a una perda progresiva dos seus dereitos económicos, sociais e políticos. A situación tórnase, aínda, máis aguda no contexto do Estado Español no que eses recortes se suman as eivas orixinais dun sistema nacido da denominada “Transición”.
A conmemoración da efeméride da revolución portuguesa debe ser tamén una ocasión para impulsar un debate sobre as alternativas de construción de un modelo democrático desde o que xestionar unha saída á crise que non pase por privar á maioría da poboación dos recursos necesarios, a restrición dos seus dereitos políticos e a destrución dos servizos públicos.
Sobre todo iso versará este debate aberto á participación do público sobre as alternativas para a construción de unha verdadeira democracia no que contaremos coas aportacións de tres convidados de luxo.
Venres 26 de abril na Casa da Cultura do Milladoiro ás 20:00h:
- Fernando Bessa, profesor da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro
- Manuel M. Barreiro, Presidente da Fundación Praza Pública, podes seguir as súas ideas no seu blog depaso.eu @Ian_dpaso
- Laura Bugalho, activista diversos movementos sociais, Plataforma Stop-Desafiuzamentos @JoanaBeltranexa
Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, Vila Morena
Terra da fraternidade!