ATENDE

O Concello utiliza un vertedeiro incontrolado en terreos municipais

By on abril 29, 2013

(29.04.2013) Ames Novo denunciou a existencia dun vertedeiro incontrolado en terreos municipais ao lado do Centro de saúde de Bertamiráns. É gravísimo que sexa o propio Concello quen utilice este lugar como depósito de refugallos incitando á veciñanza a utilizalo tamén de forma improcedente.

No último Pleno a portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia, denunciou a existencia dun punto de vertido en Bertamiráns nun terreo municipal pegado ao Centro de Saúde, Pleno no que foron denunciados ademais outros lugares de vertido incontrolado. Este caso é dobremente grave, xa que por un lado o Concello é responsable de combater este tipo de vertedeiros incontrolados, polo que supón un exemplo nefasto para a cidadanía; e por outro contribúe a degradar un lugar situado dentro do espazo urbano de Bertamiráns e ao lado do propio Centro de Saúde. De feito foron algúns dos traballadores do Centro quen se puxeron en contacto con Candocia para poder resolver a insólita situación.

Ante esta situación esperpéntica a portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia instou ao goberno a que se faga unha investigación sistemática no municipio sobre vertedeiros incontrolados e se proceda a eliminalos. E no referente a resolver definitivamente a situación do Centro de Saúde, Candocia propuxo que se adecuase dito solar como aparcamento complementario do Centro de Saúde e a Casa da Cultura, evitando un uso inadecuado.

VertedeiroCentroSaudeBertamirans2

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.