ATENDE

Traballo decente, loitar pola dignidade

By on abril 30, 2013

O traballo decente é unha expresión que utiliza a Organización Internacional do Traballo (OIT) para sintetizar a dignidade no traballo, e a contribución do traballo para a vida das persoas e o seu futuro.

“O traballo decente resume as aspiracións da xente durante a súa vida laboral. Significa contar con oportunidades dun traballo que sexa produtivo e que produza un ingreso digno, seguridade no lugar de traballo e protección social para as familias, mellores perspectivas de desenvolvemento persoal e integración á sociedade, liberdade para que a xente exprese as súas opinións, organización e participación nas decisións que afectan as súas vidas, e igualdade de oportunidade e trato para todas as mulleres e homes.”

O 1º de maio significa moitas xeracións de traballadoras e traballadores loitando polos seus dereitos e pola súa dignidade, pero tamén pola dos seus fillos e netos, que somos nós. A dignidade sempre houbo que conquistala, o primeiro de maio que hai vivilo na rúa combatendo as directrices dos queren acabar con todo. Non nos resignamos, loitamos polo futuro.

Desde Ames Novo clamamos pola unidade, para que se perciba que esta loita ten a forza toda do pobo, de quen traballa e quen non, quen ten dereitos e quen está precarizada, quen está xubilado e quen ainda non puido traballar, quen ten garantías e quen está excluído do “mercado laboral”. Somos persoas, queremos un traballo decente, temos dignidade.

E pedimos que participedes en calquera das manifestacións do 1º de maio.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *