ATENDE

Barbarie sobre o patrimonio: petróglifos do Vilar

By on mayo 6, 2013

Ames Novo quere denunciar a barbarie que está producíndose sobre o noso patrimonio de forma impune. 

(6.05.2013) A portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia, vén de trasladar a denuncia á dirección xeral de Patrimonio Cultural e ao Alcalde de Ames para que actúen contra o vandalismo cultural, en primeiro lugar restaurando a situación dos petróglifos do Vilar -recoñecidos como Ben de Interese Cultural- e establezan fórmulas para protexer o patrimonio evitando que volva acontecer algo semellante.

Estes petróglifos do Vilar, situados na parroquia de San Xoán de Ortoño, preto de Bertamiráns foron atopados no ano 2006 con motivo do control arqueolóxico das obras da autovía AG-56 (Santiago-Brión). Trátase de varios gravados rupestres adscribibles á idade do bronce, que inclúen un número de cazoletas que chega ás 60, aínda que tamén hai sucos, un círculo simple con cazoleta central e unha cruz de termo.

petroglifos Vilar 3 petroglifos Vilar 4

As fotos dan conta da magnitude da agresión con pintadas no propio petróglifo. A denuncia da brutal e intencionada agresión foi trasladada á Pilar Candocia esta fin de semana por parte de voluntarios catalogadores do proxecto http://patrimoniogalego.net/, Ames Novo súmase á denuncia xa feita por eles e quere agradecer publicamente o seu civismo e o seu labor tamén no noso municipio.

Remitimos a ficha do portal patrimoniogalego.net que recolle a información identificativa do Ben de Interese Cultural, do lugar no que está situado e outra explicación complementaria, así como información da wikipedia

http://patrimoniogalego.net/index.php/2858/2011/07/petroglifos-do-vilar/

Petróglifos do Vilar na Wikipedia

Queremos aproveitar para divulgar o fantastico traballo de patrimoniogalego.net que teñen catalogado en fichas boa parte do noso patrimonio, e deste xeito coñecer o valioso patrimonio cultural do que dispoñemos en Ames, podes consultar aqui as fichas de

Bens Culturais en Ames Catalogados por patrimoniogalego.net

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *