ATENDE

Ames Novo solicítalle ao alcalde que decida de forma inmediata as responsabilidades de cultura e educación

By on abril 13, 2012

Susana Mayo: “Na época máis delicada para os centros de ensino e a programación cultural, o goberno Popular deixa no aire a responsabilidade destas áreas. Hai tempo que se sabía que Alfonso Rey ía abandonar o goberno, e o alcalde non é capaz de telo previsto. Eficientes e responsables non se lles pode chamar “

(Ames 22.04.2012) Ames Novo solicítalle ao alcalde que explique como vai ser a remodelación do goberno logo da renuncia das responsabilidades delegadas de Alfonso Rey; e esixe que se resolva o antes posible para que non cause prexuízos nos servizos á cidadanía en áreas tan clave como Educación e Cultura.
Onte xoves transcendeu aos medios a renuncia do concelleiro do Partido Popular Alfonso Rey das súas responsabilidades de goberno, e da súa condición de 5º tenente alcalde e membro da Xunta de goberno local; continúa formando parte da corporación pero non do goberno. Este concelleiro presentou a súa renuncia hai varias semanas e a oposición aínda non ten coñecemento de quen van ser os responsables políticos destas áreas, Educación, Cultura e Patrimonio, que tamén inclúe Normalización Lingüística.
Esta situación mostra a falta de previsión do goberno, Alfonso Rey ven insinuando a súa decisión desde hai tempo, e o alcalde non foi capaz de reordenar as súas responsabilidades de xeito inmediato. Tamén mostra unha situación desidia por parte do goberno cando coñecendo a situación non son capaces de ter ninguén a fronte nunhas áreas e nun momento clave. Os meses de abril e maio teñen grande importancia na axenda educativa e cultural; é cando deben programarse as actuacións do curso 2012-2013, hai que resolver as axudas dos comedores e demais servizos educativos complementarios, e tamén en cultura abril e maio son os meses de maior actividade cultural.
Para un municipio como Ames os servizos das áreas educativa e cultural son de especial relevancia. Sen embargo, nun momento clave para os servizos destas áreas, a cidadanía non sabe a quen dirixirse, nin quen van ser os responsables cos que tratar os asuntos que lle afectan.
Ames Novo solicítalle ao alcalde que dea conta da situación do goberno e resolva xa quen vai asumir estas responsabilidades, polo ben do funcionamento municipal e para que a cidadanía saiba con quen falar.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *