O Bertamiráns F.C. gaña o dereito a xogar a promoción de ascenso á 3ª división do fútbol español

O Bertamiráns vence 0-1 no campo do Silva da Coruña e gaña definitivamente o dereito a xogar a promoción de ascenso co terceiro clasificado do Grupo Sur da Liga Preferente Galega. Finalmente non pudo ser o ascenso directo pois gañóu o Grixoa e empatóu o Boiro e son estes equipos os que ascenden. Haberá que xogar esa promoción , os posibles rivais que disputan esa praza na última xornada, son o Portonovo, Sanxenxo, Arousa ou Chocon de Redondela. Pero aínda perdendo o ascenso é posible si dous dos catro aspirantes a subir a segunda B consiguen ese obxectivo. As posibilidades de ver ao Bertamiráns a tempada que ven en 3ª división son pois moitas.
Desde Praza de Ames damos os nosos parabéns ao Bertamiráns F.C. pola gran tempada realizada, tanto polo primeiro equipo como polos equipos da base. Forza Berta!