ATENDE

Regalar primaveras ao ensino público

By on mayo 15, 2013

(15.05.2013) Ames Novo celebra o día das letras galegas agasallando un dicionario a cada centro de ensino de Ames, dentro dunha campaña para Regalar primaveras á nosa lingua e de apoio ao ensino público.

A campaña consiste na doazón dun dicionario inglés-galego a cada un dos centros de ensino de Ames, en concreto van destinados ás bibliotecas a todos os centros de educación infantil e primaria: Ventín, Barouta, A Maía e Agro do Muíño, e os Institutos: o IES de Ames e o futuro instituto do Milladoiro quen xa vai dispor do seu primeiro libro da biblioteca. Faremos entrega dos libros ás persoas responsables da dirección, da biblioteca do centro e dos equipos de normalización lingüística, comezamos este mércores co colexio de Agro do Muíño [na imaxe o director, Ramón Pérez Rei, a responsable do EDLG e Pilar Candocia, portavoz de Ames Novo]

Con esta acción buscamos un triplo obxectivo. Por unha parte facemos un chamamento a agasallar libros en galego, a campaña que denominamos Regalar primaveras promove que aproveitemos estes días para mercar nas nosas librerías e darlle ás nosas persoas queridas letras de esperanza. Celebrar con ilusións renovadas a nosa cultura.

O segundo obxectivo é promover o idioma galego no ámbito do ensino, converter o dicionario nun símbolo do tesouro que teñen na lingua galega as nosas nenas e nenos, así como a riqueza que supón falar varias linguas. O galego é un idioma que debemos promover por mil primaveras entre outros motivos para abrirlles oportunidades de futuro a xente nova.

Ademais tamén pretende ser un xesto de apoio ao ensino público e ás bibliotecas escolares. En tempos nos que os responsables educativos abandonan o público para Ames Novo é prioritaria a educación, a súa calidade e a garantía de que ninguén queda atrás. Comprendemos a educación como un investimento de futuro, para as persoas e para o país.

Nas palabras da portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia, “nós facemos un esforzo a favor do ensino público e da lingua galega porque para Ames Novo son prioritarios, a educación e o idioma son básicos para o noso futuro, esta campaña é un símbolo de que se poden facer moitas cousas en positivo cando hai interese e ilusión

O libro que doamos é o Dicionario moderno inglés-galego de 2.0 EDITORA unha empresa cultural afincada en Ames. Temos moito orgullo de que estas iniciativas de emprego cualificado que xeran valor asenten no noso municipio. Ames Novo, como sempre, apoia á empresa local e responsable.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *