ATENDE

Ames Novo esixe ao goberno que resolvan xa as subvencións aos clubs e abone a débeda das escolas deportivas municipais

By on mayo 19, 2013

(18-5-2013) O goberno do PP afoga economicamente aos clubs deportivos ao non resolver as subvencións nin pagar as súas débedas. Ames Novo pídelle ao goberno que acabe con este abandono que desanima o valioso traballo das asociacións deportivas, demostrando unha vez máis que o goberno non está á altura da sociedade.

 

Despois de telo preguntando varias veces oralmente nos Plenos deste ano, hai xa 10 días que Ames Novo pediu por escrito dirixido á alcaldía que se resolvan xa dunha vez a convocatoria de subvencións a Asociacións e Clubs Deportivos correspondentes ao ano 2012 e os Convenios con varios clubs para a xestión das Escolas Deportivas Municipais da tempada que está a piques de finalizar.

 

A día de hoxe o Concello ten aínda sen abonar algunhas subvencións correspondentes ás convocatorias dos anos 2010 e 2011, e este adiamento da resolución do ano 2012, ademais dos problemas que xeran aos provedores ou acredores dos clubs, non fai máis que cundir o desánimo cara o abandono dos e das directivas cuxo impagable labor mantén estas actividades.

 

Non menos graves son os impagos dos convenios cos clubs que xestionan as Escolas Deportivas Municipais, na que estes teñen que pagar mensualmente a monitores e outros gastos, mentres que o Concello que ingresa os prezos públicos correspondentes dos usuarios e usuarias das escolas a principio de tempada, utiliza eses cartos en pagar “outros gastos” e non no obxecto para o que foron abonados.

 

Ames Novo considera que o goberno do PP móstrase incapaz de xestionar e insensible ante as dificultades das asociacións deportivas. Nas palabras do concelleiro Anxo Doval “o goberno deixa tirados aos clubs que son os auténticos protagonistas da vida deportiva de Ames, pero xa é unha desvergonza que os fagan asumir os custos da actividade municipal ao non pagarlles as débedas das escolas do propio Concello. A dinámica sociedade deportiva amesá non se merece esta xestión política”.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *