ATENDE

Ames Novo e o GP de AGE solicitan que as obras do CEP de Ventín non coincidan coas clases

By on mayo 23, 2013

(23.05.2013) O grupo municipal de Ames Novo e o grupo parlamentario de AGE van tramitar unha proposición no Parlamento Galego para evitar que as obras do Colexio de Ventín coincidan co período escolar, garantindo o desenvolvemento normal das clases no próximo curso e que as familias non perdan as posibilidades de conciliación.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciaba recentemente a licitación da ampliación da obra do CEP de Ventín. O anuncio desta obra foi moi celebrado pola comunidade escolar tanto polo feito dispoñer por fin dunha ampliación solicitada desde hai anos, como polo positiva valoración que fai toda a comunidade do proxecto, que Ames Novo tamén considera unha boa opción para incluír unha 4ª liña no centro co paso de 18 a 24 unidades.

 

En todo caso, Ames Novo faise eco da inquietude do Consello escolar, da dirección e da ANPA do centro sobre a posible coincidencia das obras e o período escolar. As condicións recollidas na licitación establecen un prazo de execución de 7 meses, o que fai previsible que as obras se estendan máis alá de xaneiro de 2014. Se as obras se estenderan durante ese período implicaría moitos atrancos para o correcto desenvolvemento das clases, ademais de introducir elementos que perturbarían a seguridade do alumando no patio do colexio, que se vería moi reducido para gozar do seu tempo de lecer. Por outra parte a comunidade educativa está molesta coa desinformación sobre as consecuencias destas obras no tocante a posibles alteracións do horario escolar. Na actualidade, o Centro ten xornada partida, horario que facilita a conciliación da maioría das familias cuxos fillos ou fillas empregan o servizo educativo complementario de comedor (sobre 380 alumn@s).

 

Diante desta situación as concelleiras de Ames Novo Susana Mayo e Pilar Candocia mantiveron unha reunión este mércores no Parlamento cos deputados da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) Ramón Vázquez e Xabier Ron, responsables da área educativa da coalición. Na reunión as concelleiras de Ames Novo formularon o problema e os deputados de AGE determinaron presentar unha Proposición Non de Lei co fin de acelerar o máximo posible a execución das obras -incluíndo tres quendas de traballo durante o verán- co obxectivo de que as obras rematen canto antes e non dificulten máis do necesario o normal desenvolvemento das clases e as restantes actividades escolares. Ademais no suposto de que as obras impliquen a modificación da xornada escolar, solicitan que se arbitren os medios necesarios para que as familias podan manter a actual posibilidade de conciliación laboral e familiar, dispoñendo o uso de transporte escolar despois do servizo de comedor.

 

Información técnica da obra de reforma e ampliación do CEP de Ventín de Ames
http://www.edu.xunta.es/web/node/6866 no anexo vai un resumo da información técnica.

Pode ver aqui o resumo técnico Presentación_VENTÍN.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *