ATENDE

Ames Novo denuncia que os clubs deportivos soportan o financiamento das escolas municipais

By on mayo 25, 2013

(24.05.2013) O goberno do PP mantén o atraso nos pagos aos clubs deportivos de Ames, en moitos casos sen resolver. Esta débeda significa que son as entidades deportivas quen están financiando parcialmente a actividade municipal, o que provoca a asfixia económica das mesmas.

O pasado martes día 21 de maio o alcalde de Ames informou a través dos medios que a semana anterior se resolveran as axudas do ano 2012 a clubs e asociacións deportivas, resolución da que aínda non son coñecedoras as forzas da oposición. Despois de moitos meses de atraso esperando pola resolución forzan aos clubs a xustificar os gastos do ano 2013 no prazo dunha semana, o que significa que as axudas serán cobradas no mellor dos casos a partir de xullo. Evidentemente estes cartos tiveron que ser adiantados por alguén do club dado que as facturas han de estar pagadas para poder cobrar as subvencións.

Ademais hai outras denuncias de Ames Novo das que non fala o alcalde, por exemplo que algunhas subvencións do ano 2010 aínda non foron pagadas, ou ter aínda sen asinar os contratos ou convenios cos clubs que xestionan varias das escolas deportivas municipais -que o curso pasado 2011-2012 supuxeron 58.988 euros-, de maneira que a data de hoxe non sabemos canto van recibir os clubs Bruxas Voleibol, Bertamiráns FC, Milladoiro SD e Meigas FS que xestionan esas escolas. É un despropósito e unha completa desconsideración que as Escolas Deportivas rematen a súa actividade [Clausura das Escolas Deportivas de Ames] e os clubs aínda sen saber canto van recibir pola prestación dese servizo, véndose obrigados os clubs a facer facer fronte ao pago de monitores e outros gastos dunha actividade municipal. O concelleiro de Ames Novo, Anxo Doval, pregúntase “Onde foron os ingresos que os usuarios pagaron ao Concello por esas actividades?“. E continúa denunciando o financiamento impropio do Concello, “porque non o perdan, coa preinscrición do curso 2013-2014 que se está a facer neste mes xa teñen que pagar a matrícula para o curso que ven, logo os clubs recibirano en xullo de 2014. Unha máquina de ingresar este Concello… o de pagar xa é outra cousa“. Anxo Doval conclúe nos termos da denuncia feita sobre o afogo ás entidades deportivas dicindo “Se isto non é para cundir o desánimo entre os sufridores directivos dos clubs…

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *