ATENDE

1 de XUÑO: OS POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA

By on mayo 30, 2013

As políticas económicas impostas pola Troika (Banco Central Europeo, Comisión Europea e Fondo Monetario Internacional) están a provocar sufrimentos cada vez menos tolerables para a poboación, especialmente a dos chamados países do Sur de Europa, ao tempo que unha perda paulatina de dereitos cívicos e políticos.

A actitude dos nosos gobernos (central e autonómico) de estrita obediencia aos designios desa troika están a producir un irrefreable incremento do paro ao tempo que vemos como se recortan os nosos servizos básicos para poñelos en mans de empresas privadas.

As últimas esixencias que coñecemos desa troika implican, entre outras cousas, unha redución do sistema de pensións, unha aínda maior precarización do mercado laboral e un incremento do IVE en produtos básicos.

Fronte a todo isto, como di o recente Premio Camões Mia Couto, “non hai outro camiño que non sexa a insubordinación”. Por iso diversas organizacións convocaron para o sábado 1 de Xuño unha mobilización en cidades de diferentes países europeos na que a cidadanía exprese a súa oposición a estas políticas impostas desde organismos que só representan ao mundo financeiro.

Animámosvos a participar na manifestación que se celebrará en Santiago ás 6 da tarde na Praza Roxa

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *