IV Encontro de bolillos e labores artesanais

Este domingo día 2 de xuño ten lugar no pavillón polideportivo do Milladoiro a cuarta edición do Encontro de bolillos e labores artesanais o organizado pola Asociación Cultural A Silva. O encontro comezará ás 10:00 h da mañá e será un espazo para que as amantes destas actividades poidan intercambiar coñecementos e mostrar as súas propias creacións. Intercambiar-transmitir-divulgar.
Pola mañá haberá un obradoiro denominado “Mesturando novidades” en dúas quendas: ás 11:00 h e ás 12:30 h. A duración será de 45 a 60 minutos e un máximo de 6 alumn@s por grupo, a un custo de 15 euros. Ao mediodía farase un descanso para xantar. O encontro retomarase a partir das 16:00h ata as 19:00 h. Ás 18:00 h da tarde realizarase a entrega de diplomas a todas as asociacións participantes neste encontro.
A actividade será aberta a todo o público, pero entre os grupos de palilleiras e a asociacións xa hai 500 persoas inscritas para participar. Dentro do encontro mostrará o seu traballo a artesana do Grove Montse Betanzos que realiza colares e pendentes con cunchas.
Para máis información pódese chamar aos teléfonos 607 769 830 ou 881 972 586 ou a través do correo electrónico asociacionasilva@gmail.com
Un encontro xa tradicional no Milladoiro dunha actividade de cultura tradicional.
Moitas grazas a Asociación A Silva.