Defender a terra, defender a vida

Galicia non é unha mina.
Defende a terra. Defende a vida.
Todas e todos detrás deste lema único da manifestación contra a megaminería
Domingo 2 de xuño,
ás 12 do mediodía,
na Alameda de Santiago
Unha marcha da sociedade civil viva e consciente contra os múltiples e perigosos proxectos mineiros que ameazan o país. Será unha convocatoria «unitaria e apartidista», aberta a toda a cidadanía que reunirá unha chea de colectivos sociais, sindicais e políticos; todos agás o PP que está defendendo os intereses e beneficios das propias empresas mineiras.
Toda Galiza apoiando a convocatoria de Contraminacción: ecoloxistas, sindicatos, partidos, asociacións sociais, de labregos, veciñais… sen partidismos, coa lóxica de Nunca Máis para defender a terra e a vida. Unanimidade fronte a esta desfeita, tes máis información en Salvemos Galicia.
Aqui podes ver a campaña: Que non arrasen Galicia!, paremos a megaminería contaminante onde se recollen as razóns desta loita, o magnífico video e onde podes asinar en contra desta barbarie (xa van máis de 200.000 sinaturas)
Ames Novo defende a terra, Ames Novo defende a vida