ATENDE

Fin de semana de promocións para equipos do Bertamiráns FC e da SD Milladoiro

By on mayo 31, 2013

índicemilla

Despois do bo resultado que o equipo de Preferente do Bertamiráns acadou na súa visita ao campo da Lomba de Vilagarcía onde empatou 1-1 co Arousa, este domingo, ás 18,00,  toca rematar a faena no campo municipal de Bertamiráns para poñer ao equipo primeiro da lista no ascenso á 3ª división. Se esa mesma tarde o Racing de Ferrol sube a 2ªB e o Berta elimina ao Arousa, o ascenso será unha realidade.

Os equipos infantís e cadetes do Bertamiráns xogarán as primieras eliminatorias de ascenso a Liga Galega contra o Betanzos, os infantís o sábado ás 17,00 en Betanzos, os cadetes o domingo ás 11 h. no municipal de Bertamiráns.

Tamén o domingo ás 11,30 tamén o equipo infantil da SD Milladoiro xogará a primeira eliminatoria do ascenso a Liga Galega  contra o Polvorín de Lugo no municipal do Milladoiro.

Parabéns polas campañas dos equipos dos dous clubs. A rematar a faena. E os afeccionados a encher os campos e animar os equipos

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *