ATENDE

Pola profesionalización da extinción de incendios

By on junio 4, 2013

(31-5-2013) O Pleno de Ames do 30 de maio ven de aprobar unha moción de Ames Novo para que o Concello non financie as “cuadrillas” municipais anti-incendios, ao entender que non son competencia súa, e sobre todo para garantir profesionalidade, medios adecuados e coordinación efectiva.

A moción rexeita á creación de brigadas municipais tal e como as contempla o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA ), ao tempo que insta ao goberno da Xunta a aumentar o número de brigadas profesionalizadas compostas por persoal con experiencia na loita contra incendios forestais e dotadas co material necesario e coa coordinación precisa. Tamén se aprobou como punto resolutivo que calquera actuación con financiamento do Concello de Ames nesta materia debe incluír os criterios de profesionalidade, experiencia e medios adecuados.

A comisión do Parlamento de Galicia constituída no 2006 destacou nas súas conclusións que “a falta dun mando único de control engadiu dificultades ás tarefas de extinción” e que «as brigadas municipais obedecen en maior grado as instrucións dos alcaldes», o que creou graves disfuncións no operativo. Este informe reclamaba “unha maior profesionalización dos traballadores do lume cun mando único, en mans da Xunta de Galicia” e, polo tanto, aconsellaba a desaparición das brigadas en mans dos concellos.

A Xunta de Galicia ven de aprobar o PLADIGA, que contempla a creación de 275 brigadas municipais mediante Convenios cos Concellos, nos que estes van ter que asumir unha porcentaxe do custe do dispositivo de entre o 20% e o 30%, entre 7.000 e 11.000 euros por Brigada, dependendo do número de brigadistas para, ademais, «ofrecer un servizo defectuoso», que como dicía o informe de 2006 é de moi difícil coordinación sobre todo nos primeiros momentos do lume, o que supón un grave risco. A práctica habitual destas “cuadrillas” municipais é unha contratación vía “enchufe” dos alcaldes, con escasa profesionalizacion e experiencia, ademais de seren utilizadas para outros labores municipais, o cal é unha auténtica temeridade en termos de extinción e de seguridade laboral.

Coa aprobación da moción o Pleno de Ames esíxelle á Xunta que asuma a responsabilidade que lle corresponde. O PP de Ames votou en contra, Amor traga calquera cousa que propoña a Xuntaaínda que supoña un gasto que non lle corresponde aos concellos. Xa sabemos, a austeridade non se aplica aos amigos, pero tamén sabemos que o PP perdeu a maioría, e Ames Novo velará polo cumprimento dos acordos plenarios.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.