ATENDE

O alcade despreza o Pleno de Ames

By on junio 8, 2013

(7-06-2013). O alcalde de Ames quere gobernar desprezando os acordos plenarios. O PP non asume a súa minoría e pretende pasar por riba da vontade maioritaria do Pleno. O alcalde nun alarde despótico fai un desplante á democracia e a propia institución.

 

O pasado 30 de maio o Pleno de Ames do 30 aprobou unha moción de Ames Novo para que o Concello non financie as “cuadrillas” municipais anti-incendios. Obviamente a moción foi unha iniciativa de Ames Novo pero unha vez aprobada é un acordo Plenario que manifesta a vontade democraticamente representada e vincula á institución municipal. Porén o alcalde fixo pública a súa vontade de ignorar dita moción e de continuar adiante coa contratación das “cuadrillas” forestais.

Ante este despropósito arrogante e irresponsable Ames Novo quere facer tres consideracións:

1.- O PP non quere recoñecer que perdeu a maioría no Pleno e na sociedade, e pretende actuar como se fose unha forza con maioría absoluta. É ridículo que o alcalde bote man das súas prerrogativas para ignorar os mandatos plenarios, a súa arrogancia é un querer e non poder que o converte nun déspota un tanto ridículo. O Pleno pronunciouse contra a sinatura deste Convenio para o que non hai partida orzamentaria, e aprobar esta partida é competencia plenaria, de seguir na súa actitude o alcalde pode ser un máis do PP que acabe nos tribunais. As formalidades democráticas tan aireadas cando o PP dispoñía de maioría no goberno tamén son de aplicación agora. Santiago Amor caracterizouse desde o comezo polo desgoberno, a incapacidade e o desprezo aos veciños, agora suma a irresponsabilidade temeraria ao querer vulnerar os mandatos da corporación.

2.- Santiago Amor xa deixou de ser o alcalde de Ames para constituírse no delegado do Partido Popular en Ames. Este novo papel cadra ben coa súa obstinación de asinar un convenio contrario aos intereses municipais que obriga ao Concello a asumir un gasto que é competencia da Xunta. Dito de outro xeito, o alcalde non atende á vontade e aos intereses dos veciños, senón que funciona como un axente promotor dos intereses do PP en Ames. Ten que obedecer a quen lle asegurou o posto, que hoxe non é cidadanía de Ames senón os mandos do PP, e obedecer a quen lle pode asegurar a súa continuidade.

3.- Ames Novo pregúntase cales son os compromisos de Amor para violentar un acordo Plenario?. Hai unha gran contestación á proposta da Xunta (PLADIGA) desde o sector profesional polo enorme risco que implica para o monte e para as vidas humanas, derivada da desprofesionalización, inexperiencia, precariedade e descoordinación. Todos os expertos recomendan a eliminación das ‘cuadrillas’ municipais para rematar coa práctica do ‘enchufismo’ nas brigadas. Moitos alcaldes sempre dispoñían criterios mellores que a competencia profesional e a experiencia para a contratación: quere Santiago Amor facer o mesmo? Poñer en risco a traballadores e ao monte por non se sabe que escuros intereses?. Porque hoxe xa son moitos os alcaldes que se negan a aceptar o financiamento municipal dunha competencia autonómica, asumindo un importante gasto que non dá ningunha garantía ante a ameaza do lume.

O Concello de Ames esixiulle á Xunta que asumise a responsabilidade que lle corresponde. A iniciativa foi de Ames Novo pero agora xa é a vontade do municipio, Santiago Amor pode tragar co que lle mande o PP pero non imos permitir que suplante os acordos e a decisión municipal. A cidadanía de Ames leva moito tempo criticando e dándolle as costas a alcaldes arrogantes que actúan como déspotas ridículos. O destino deses alcaldes sempre é o mesmo, pero que teña coidado Amor e non queira adiantar acontecementos, porque igual acaba inhabilitado como tantos compañeiros do seu partido, non estamos falando de palabras que voan, estamos falando de acordos vinculantes. Señor Amor vostede verá.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.