ATENDE

É mentira que o Concello estea obrigado a cobrar os anos atrasados do lixo

By on mayo 11, 2012

O Concello de Ames esta enviando unha  a todos os veciños do rural na que fala de que o Concello ten a “obriga legal de cobrar a taxa”: isto é MENTIRA. O goberno de Ames pode decidir non cobrar os anos atrasados, e o alcalde sábeo. Tal e como se recolle na proposta das asociacións de veciños e na alegación, todos estamos a favor de regularizar a situación do censo este ano e comezar a cobrar a partir de aqui. Pero en ningún caso se debería pagar polos anos anteriores.

O Concello tamén está convocando reunións polas parroquias, unha vez que nós informamos á xente e convocamos as reunións abertas desde Ames Novo (agora da Plataforma), eles fan o mesmo. Porque non se reuniron cos veciños antes de enviar as cartas?

About Admin

4 Comments

  1. agamenon

    octubre 24, 2015 at 5:17 pm

    Pódese saber porqué motivo censurades tóda-las preguntas que se mandan a esta web ¿

    • agamenon

      octubre 24, 2015 at 5:18 pm

      Porque a seguinte misiva irá a alguns dos xornais para que saiban de que vades eiquí.

      • Admin

        enero 20, 2016 at 11:18 am

        o día. Houbo un problema coa actualización dun plugin de WordPress que fai de filtro de spam. Xa temos resolto o problema. Estamos traballando para recuperar os comentarios antigos, pero nós non borramos nada, só se borrarían os comentarios ofensivos ou insultantes pero ese caso nunca se dera. Ames Novo nin censura nin censurará xamais ningún comentario nesta web, que pretende ser unha ágora pública de intercambio de opinións e propostas. Pedimos desculpas polo ocurrido.

  2. agamenon

    enero 21, 2016 at 10:17 am

    Se cada actualización bota dous meses en solucionarse sería mellor pasarse o formato de papel.

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *