ATENDE

EU PARTICIPO… no Pleno de Ames

By on junio 27, 2013

Abrimos unha nova canle de participación co obxectivo de que calquera cidadán ou cidadá de Ames poida facer preguntas ou rogos que logo as concelleiras ou concelleiro de Ames Novo formularan no Pleno. Podes trasladarnos as túas preguntas, rogos, inquietudes, parabéns ou o que consideres a través do facebook ou do correo electrónico, comentándoo directamente no noso muro https://www.facebook.com/ames.novo ao enviándoo a ames.novo@gmail.com.

A participación cidadá é unha das razóns de ser de Ames Novo, cremos que a política non debe ser ningún tipo de despotismo, nin tampouco comprendela como unha suspensión da participación durante 4 anos. Na primeira semana na que o alcalde tomou posesión, van alá dous anos, Ames Novo fíxolle chegar un borrador de Regulamento de participación cidadá  para que se iniciase o debate coas asociacións e axentes cívicos de Ames de cara a lograr un acordo sobre as posibilidades de implicación da xente nos asuntos municipais. Sempre houbo boas palabras por parte do goberno… seguimos esperando.

Temos que achegar as institucións á xente e pensar a participación cidadá no contexto da sociedade-rede. Nos últimos anos aprendemos que era mentira ese prexuízo de que a cidadanía fose ‘pasota’ ou que non tivese interese en implicarse no común. O que sucede é que as institucións están concibidas fundamentalmente para que a cidadanía se pronuncie cada catro anos e logo sexan as forzas políticas quen administren toda a representación popular. Hoxe hai un clamor cívico para abrir as institucións á xente e habilitar vías a través das que a cidadanía poida participar nas decisións públicas, porque son responsables todos os días.

Ames Novo non queda mirando e imos facendo aqueles exercicios de transparencia e democracia participativa que están ao noso alcance. No seu momento pedimos que se transmitise en directo o pleno a través de Radio Ames e… ao non haber resposta procedemos a transmitilo nós en directo (con medios precarios) a través da canle http://www.ustream.tv/channel/amesnovo ; abrimos os rogos e preguntas ás achegas que nos fai a xente -hoxe ampliándoo a través das redes sociais-, temos un apartado de foto e videodenuncia no portal prazadeames.com, e mesmo trasladamos unha moción de outro grupo político sen representación para darlle curso no Pleno. Que dous anos despois o goberno deixe de lado o  Regulamento de participación cidadá é proba de ser un goberno de costas á cidadanía, pero Ames Novo vai continuar abrindo as institucións á xente. A democracia pode ser outra cousa que un espectáculo pasivo no que a xente mira, a democracia é o goberno do pobo, todos os días.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.