ATENDE

Ames Novo esixe unha resposta sobre o futuro das obras de Ventín

By on julio 9, 2013

(9.07.2013) O PP está mareando á comunidade educativa xogando co silencio e con medias insinuacións creando unha enorme intranquilidade nas familias que ainda non saben se as obras van coincidir coas clases, cal vai ser a xornada escolar e se van dispoñer de servizos que faciliten a conciliación de posible cambios. Ames Novo vaise opoñer con toda a firmeza a que coincidan as obras coa actividade lectiva.

 

Ao comezo de xuño a Consellería de educación confirmaba que as obras do CEP de Ventín comezarían no presente mes, estamos a 8 de xullo e aínda non está resolto o contrato, de xeito que a última nova foi a apertura pública o 14 de xuño do sobre núm. 3 “Documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas”. En maio deste ano Ames Novo xa dispuxera unha serie de accións para actuar con anticipación.

O conxunto da comunidade educativa leva demandando de xeito insistente: diálogo e información para que as familias puidesen saber a que aterse, evitar a coincidencia das obras co período escolar, e no caso de que fosen durante este período que de ningún xeito coincidiran as obras coa actividade lectiva e habilitar formas de conciliación para as familias -sobre todo pola adecuación dos horarios de comedor e de transporte- para o que se ofreceron alternativas. De xeito unánime a dirección e a ANPA do centro, o Consello Escolar, unha moción aprobada por unanimidade do Pleno municipal de Ames, e mesmo unha Proposición Non de Lei no Parlamento Galego do grupo de AGE e Ames Novo reclamouno de forma insistente, pero sempre se atoparon co silencio e a confusión.

 

No seu momento insinuouse a posibilidade de que o centro dispuxese de xornada única para compatibilizar xornada escolar pola mañá e obras pola tarde, iso precisaría un servizo complementario de transporte para desprazar a maioría dos nenos e nenas que se quedan a xantar no comedor. Hoxe non sabemos nada, ningunha información, e mesmo información contraditoria, primeiro a insinuación do cambio de xornada e agora o concelleiro do Educación (tamén do PP) di que non se prevé a modificación da xornada.

 

Unha completa desconsideración da Consellería, e Ames Novo pregúntase á que xoga o goberno de Ames e o seu concelleiro de Educación e veciño do Milladoiro. Sempre se posicionan a favor das demandas da comunidade educativa e votan a favor das propostas asumidas institucionalmente para non quedar en minoría, pero logo non son capaces de facer ningún tipo de presión ante a Consellería. Nin previsión, nin capacidade de presión, iso si axudan á crear confusión intentando protexer dos menosprezos da Consellería. O PP debe saber que do mesmo xeito que se detivo o peche das unitarias, a comunidade educativa non vai permitir a coincidencia das obras coa actividade escolar.

 

O estado do contrato pode seguirse en: http://www.contratosdegalicia.es/licitacion Pique na frecha que está á esquerda do identificador do procedemento que quere consulta.

Obra moi desexada

O anuncio desta obra foi moi celebrado pola comunidade escolar tanto polo feito dispoñer por fin dunha ampliación solicitada desde hai anos, como polo positiva valoración que fai toda a comunidade do proxecto, que Ames Novo tamén considera unha boa opción para incluír unha 4ª liña no centro co paso de 18 a 24 unidades.

 Información técnica da obra de reforma e ampliación do CEP de Ventín de Ames
http://www.edu.xunta.es/web/node/6866 no anexo vai un resumo da información técnica. Pode ver aqui o resumo técnico Presentación_VENTÍN.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *