ATENDE

O alcalde deixa a Ames sen a celebración institucional do día de Galicia

By on julio 23, 2013

[REPRODUCIMOS A NOTA CONXUNTA DE TODAS AS FORZAS DA CORPORACIÓN AGÁS O PP]

O Concello de Ames ven celebrando institucionalmente o Día de Galicia desde o ano 2005 ata o ano 2011. Este acto sempre foi concibido como un acto de confraternidade entre a sociedade amesá que resaltaba os lazos que nos unen en canto galegos e galegas desde a pluralidade. O ano 2012 interrompeuse sen motivo coñecido e a partir deste momento non houbo ningún intento de retomar esta celebración.

 

Este ano as forzas da oposición de Ames solicitaron de forma conxunta a celebración do Día de Galicia 2013 como acto institucional de carácter cívico e aberto a toda a cidadanía amesá, proposta que non foi tomada en consideración por parte do goberno.As habituais escusas do goberno Popular non teñen sentido nesta ocasión, é un acto sen a penas custo económico, que nas anteriores ocasións foi un motivo de encontro da cidadanía de Ames, de unión e de recoñecemento das diversas formas de reivindicar Galicia como unha identidade compartida.

 

O verdadeiro motivo para negar a súa celebración en 2012 foi evitar o contacto coa xente, o medo a que a libre expresión cidadá deixase en evidencia ao goberno. Cal é o motivo en 2013? o medo a xente?, a incapacidade?, a desidia e o abandono municipal?, o desprezo aos símbolos que nos unen por entender que non lle tira proveito partidario ao Día de Galicia?

 

A entrega ao noso Concello do Premio Lois Peña Novo 2011 de promoción da lingua galega foi un motivo de orgullo para toda a corporación. A motivación do premio sinala que se lle concedía a Ames «Polo seu dinamismo na conformación de actividades culturais orientadas aos diversos estamentos que conforman a sociedade o que fai que os usos lingüísticos se consoliden e sexan modelo para os demais concellos de Galicia».

 

As forzas políticas da oposición, Ames Novo, Partido Socialista e Pacto por Ames, entendemos que non podemos abandonar o vínculo cos elementos que nos unen e a identidade de Galicia como país, un lugar de encontro e un proxecto compartido cos homes e mulleres de Ames e de Galicia enteira. Non celebrar a data do 25 de xullo é unha nova oportunidade perdida para o encontro entre as institucións, as entidades asociativas e a cidadanía en xeral, e unha nova forma de desprezo do goberno Popular a aquelo que nos une, o que nas palabras de Castelao é «a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos».

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.