ATENDE

O día máis triste e máis emotivo

By on julio 25, 2013

Polo menos 79 persoas falecidas, e 87 feridas, delas 33 adultos e 4 nenos en estado crítico, e aínda non son datos definitivos. As palabras non alcanzan a describir a fondura do horror. O azar quixo que sucedese a víspera da festa grande de Galicia, a grande festa da capital de Galicia e de todas e todos os galegos. Asolounos a negra sombra. Infinita tristeza. O noso máximo pesar, o acompañamento as familias e achegados. #LoitoGaliza

Sobrecolle o horror e a dimensión da traxedia pero tamén sobrecolle a reacción da nosa xente, a marea de solidariedade e dos profesionais públicos: medica/os e enfermeira/os despedidos do SERGAS que se presentan como voluntarios; bombeiros en folga presentes desde o primeiro momento, miles de persoas facendo cola para doar sangue e heroicidade anónima dos veciños nas vías do tren, en espacial os veciños de Angrois, profesionais das emerxencias entregados e toda a sociedade volcada a ver en que se podía axudar. #AnimoGalicia.

No noso día máis negro, nós como todos/as tamén estamos sobrecollidos pola dor e pola emoción. E tamén estamos orgullosos da reacción da nosa xente, dos profesionais da sanidade pública, de emerxencias, de bombeiros/as, a xente que apoiou os dispositivos; e por suposto a marea da solidariedade dunha entregada sociedade galega. Moitísimas grazas a todo o mundo.

No noso día máis grande e máis terrible: #LoitoGaliza #AnimoGalicia #OrgulloGalicia Silencio

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.