ATENDE

Festas patronais: o gran reto das comisións

By on agosto 9, 2013

Artigo de María Jesús Garrido Pedrido

Por fin chegaron as festas patronais. É unha ledicia disfrutar de todo: orquestra, charangas, atraccións, a familia, o vermuth… pero o que non é tan agradable é facer todo a gusto de todos.

Tentarei plasmar os problemas, vicisitudes e atrancos cos que soen atoparse unha comisión de festas a hora de facer as festas.

Un dos primeiros contratempos é saber con canta xente contas para traballar. Hai que aclarar que este é un traballo sen remuneración, que che quita horas de sono, de estar coa familia e de tempo de lecer.

Se a comisión é a mesma doutros anos xa temos un bo camiño andado, pero se é nova xa hai máis complicacións. Hai que esperar a que os outros presenten as contas para saber se contas con algo de remanente da festa pasada.

Falar cos representantes das orquestras: cando chega este momento a comisión xa ten un orzamento aproximado (case sempre se traballa sobre datos doutros anos). Este tamén é un tema moi «peliagudo» pois cada representante véndeche as súas orquestras como as mellores. Aquí hai que saber regatear. E xa temos parte da festa punteada; fáltannos as charangas pero para iso non precisamos os representantes.

Solicitando subvencións: uf!!! isto si que da dores de cabeza. Hai que mirar con lupa tódalas subvencións que podes solicitar pois hai algunhas as que non podes optar se optas a outras.

O principal problema das subvencións (en especial as do Concello) é que tes que empezar a traballar sen contar con elas pois cando che ingresan os cartos xa pasaron as festas e hai unha nova comisión.

Outro dos problemas son os prazos de convocatoria e resolución de ditas subvencións. Aquí é onde se teñen bastantes problemas pois unhas facturas si as podes presentar e outras non. Ademais é moi difícil xustificar o IVE, sobre todo se as facturas as tes que presentar do ano pasado.

Ás veces pasas de solicitar as subvencións, pois entre unhas cousas e outras non compensa xa que en ocasións pagas máis de IVE que o importe da subvención.

Alumeado, fogos e demais cousas: isto vaise facendo pouco a pouco e sóese deixar para o final.

Recolecta de axudas: aquí tes que estar preparado para patear sitios. Tes que ter moito aguante pois nalgunhas casas tes que ir varias veces e non sempre recibes boas contestacións.

Tratar cos feirantes que poñen as atraccións: aquí tamén tes que ser «feirante» coma eles.

Xa chegou a festa e contas que ¡por fin! podes disfrutar delas. Estás moi enganado.

Por onde vaia a charanga, onde toman un petisco, a que hora ven a banda, e a orquestra?, onde se pon?….. E a noite dos fogos avisa ao «grumir» por se hai risco de lume. A policía para cortar o tráfico para a procesión ou para o pasarrúas de banda, etc…..

A durmir!!! aínda non, pois a orquestra non terminou e non vaia ser que teñan problemas para saír do campo da festa.

Uf!!!!! por fin rematou a festa. E se queda algo por pagar xa se pagará mañá.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.