ATENDE

Obras en Ventín só pola tarde, o compromiso do Conselleiro de Educación con Ames Novo

By on agosto 23, 2013

(23.08.2013) O Conselleiro de educación comprometeuse coa concelleira Susana Mayo para que as obras sexan só en xornada de tarde a partir de outubro, e se aceleren o máximo posible os traballos máis problemáticos antes do comezo do curso.

Hoxe xoves día 22 de agosto o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, visitou as obras do CEP de Ventín, a esta visita asistiron os concelleiros de Ames Novo, Susana Mayo e Anxo Doval. O Conselleiro fixo unha primeira presentación aos medios dando conta da obra, indicando que a xuízo da Consellería as obras se estaban desenvolvendo con gran dilixencia e garantía de seguridade. Pero o principal aínda estaba por chegar. Logo das declaracións comezou propiamente a visita ás obras, foi cando houbo ocasión para que a concelleira Susana Mayo falase directamente co Conselleiro Vázquez e lle trasladase a preocupación das familiase do conxunto da comunidade educativa. A demanda central era evitar a coincidencia das obras coas clases, tanto por motivos de seguridade como para facilitar o desenvolvemento pedagóxico que se vería afectado polo ruído. Ante a demanda de Susana Mayo, o Conselleiro dirixiuse ao responsable da empresa construtora e pediulle que se traballe estas dúas semanas sábados e domingos para acelerar, e ata as doce da noite ata o 30 de setembro, e a partir de outubro se traballara só a partir das 14:30h.

Logo da consulta coa empresa o Conselleiro Vázquez asumiu dito compromiso con Ames Novo: aceleración das obras ata o comezo do curso (fines de semana, traballo ata as 24:00h), cando comece o curso en setembro coincidirían obras e clases, e a partir de outubro o traballo comezaría ás 14:30h o que evita a coincidencia no horario de mañá. O logro non é completo, durante o mes de setembro habería simultaneidade de obras e clases e seguirían coincidindo as obras co horario de tarde de 15:30h a 17:00 horas no resto do curso.

Ames Novo fíxose eco dunha demanda de toda a comunidade educativa que xa fora trasladada á Consellería polo Consello escolar do centro, así como debatida no Parlamento galego a través dunha Proposición Non de Lei do grupo da Alternativa Galega de Esquerdas. Nesa proposta formulábanse alternativas que evitaban a coincidencia das obras e as clases en todo momento garantindo os servizos complementarios para compatibilizar coa xornada laboral. O PP negouse naquel momento e hoxe a Consellería acepta unha solución parcial que non é satisfactoria de todo pero mellora moito a situación inicial (6 meses de coincidencia das obras en período completo).

Congratulámonos de que impere o sentido común, e se acepte parcialmente a demanda a favor da sensatez e do desenvolvemento pedagóxico normal. Non comprendemos o motivo de todo este tempo de confusión innecesaria e que non se acepten as alternativas viables, alegrámonos deste solución parcial, perocontinuaremos traballando para forzar a non coincidencia de obras e clases polo ben de alumnos/as, profesores/as e familias.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *