ATENDE

O GM de Ames Novo e o GP de AGE visitan os centros educativos de Ames

By on septiembre 5, 2013

Magnífica receptividade das direccións dos centros educativos na visita de Ames Novo e os deputados de AGE

(05.09.2013) O Grupo Municipal de Ames Novo e Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) fixeron esta mañá unha visita aos centros educativos públicos de Ames para falar directamente cos seus equipos directivos. A intención da do encontro é coñecer a situación dos centros e os seus problemas de cara a facer propostas para a súa mellora destinadas tanto ao Concello como á Consellería de educación. Queremos agradecer a magnífica recepción das direccións dos centros e nos que nalgún caso nos acompañaron tamén membros da ANPA

Á visita foi encabezada pola portavoz municipal de Ames Novo Pilar Candocia e participaron os deputados de AGE Xabier Ron e Ramón Vázquez, membros da comisión de Educación do Parlamento de Galicia. Tivemos oportunidade de manter encontros de traballo de grande proveito coas direccións do CEP de Ventín (Milladoiro), o EEI do Milladoiro, CEIP Agro do Muíño (Bertamiráns) e ao IES de Ames (Bertamiráns). Estaba programado o CEIP A Maía pero tivemos que mudar o día para outra data por causa do atraso acumulado na visita aos outros centros. No comezo do curso completaremos a visita co CEIP A Maía xunto ao CEIP de Barouta e o novo IES do Milladoiro.

Aproveitamos para confirmar que as obras de CEP de Ventín se desenvolverán en horario tarde a partir de outubro, de xeito que o horario do traballo vai ser de 14:00h a 22:00h a partir do 11 de setembro, e desde o 1 de outubro será de 13:00h a 15:30h e de 17:00h a 22:00h. Durante vacacións ou cese de actividade educativa de 8:00h a 13:00h e de de 14:30h a 20:00h. Esta información foi proporcionada de xeito oficial pola empresa construtora á dirección do Centro. Durante estes días correron rumores que insinuaban que non se ía manter o compromiso do Conselleiro de Educación coa concelleira de Ames Novo Susana Mayo, e queremos desmentir esta bulo. Esta mañá o director do Centro ratificoulle aos deputados de AGE e a Pilar Candocia que dispón de confirmación escrita conforme o horario das obras será de tarde, o que logo se fixo público no Consello escolar.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *