ATENDE

O novo IES do Milladoiro

By on septiembre 9, 2013

[Foto www.concellodeames.org]

Por fin temos instituto no Milladoiro.  Con este motivo compilamos algunha información oficial sobre o IES do Milladoiro para saber como arrancamos:

Decreto de creación do Instituto de Educación Secundaria do Milladoiro (código 15032807) no concello de Ames, con capacidade para 16 unidades de educación secundaria obrigatoria e 4 unidades
de bacharelato. Orde pola que se autoriza a posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria do Milladoiro

  • Programa formativo: 4 liñas de ESO e 2 liñas de Bacharelato nas dúas modalidades de Ciencias e Humanidades.
  • Matrícula: o centro contará cun total de 612 prazas, pero a matrícula para o presente curso 2013-2014 situaráse arredor dos 250 alumn@s, menos da metade do ofertado, de xeito que se concentra nos cursos máis baixos.
  • Custo da obra: foi adxudicada por 5,3 millóns de €, en conxunto a Consellería de Educación sinala que a posta en marcha deste centro supón un investimento de máis de 8 millóns de €, resultado da construción, equipamento, gastos de funcionamento e de persoal no IES.
  • Obra: Proxecto arquitectónico: CSP Arquitectos co proxecto IES do Milladoiro. Construción da obra Dragados.
  • Instalacións:  superficie útil de 5.892 metros cadrados

22 aulas polivalentes e 2 de pequeno grupo -16 de ESO e 8 de Bacharelato-, 3 laboratorios, 2 aulas taller, 2 aulas plástica, 1 de debuxo, 2 aulas de música e 2 de informática, e instalacións deportivas.

Persoal docente do corpo de mestres con destino definitivo no curso académico 2013-2014

Especialidade

Número de prazas

Matemáticas

1

Lingua castelá e literatura

1

Lingua galega

1

Lingua estranxeira: inglés

1

Ciencias sociais-Xeografía e historia

1

Pedagoxía terapéutica

1

Persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario con destino definitivo no curso académico 2013-2014

Especialidade

Número de prazas

Matemáticas

2

Lingua castelá e literatura

2

Lingua galega e literatura

2

Inglés

2

Xeografía e historia

2

Bioloxía e xeoloxía

2

Física e química

1

Educación física

1

Francés

1

Debuxo

1

Tecnoloxía

1

Música

1

Orientación educativa

1

 

Entrevista ao director do Centro Rafael Baliñas Pérez

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.