ATENDE

AMES NOVO, NOVA ILUSIÓN

By on mayo 20, 2012

O xoves día 24 terá lugar o acto constituínte da iniciativa política Ames Novo e a súa presentacion en sociedade. Temos un proxecto ambicioso para Ames e para Galicia, comprometido na defensa do público e do Estado do Benestar, tamén co desenvolvemento do autogoberno e dunha democracia avanzada. Somos un proxecto amplo e plural, que desde coordenadas progresistas e galeguistas aspira a contar co apoio da maioría da sociedade. Queremos introducir unha nova cultura de relación coa cidadanía, para nós o diálogo e a participación son a forma de comprender a política como algo de todas e todos; e que caracteriza a forma de facer do grupo municipal de Ames Novo (Pilar Candocia, Olalla Alvite, Susana Mayo e Anxo Doval). A iniciativa política, a firmeza ante os retrocesos sociais do PP e a implicación da cidadanía foron convertendo a Ames Novo no principal referente da oposición. Agora queremos converter todo o capital de simpatía que xa existe cara a nosa proposta nunha alternativa crible ao Partido Popular, construíndo un proxecto de futuro ilusionante que confíe nas capacidades de Ames e de Galicia. Queremos contar con todas as persoas comprometidas no labor de crear un Ames e un mundo mellor; fan falta todas as ideas, a enerxía e a implicación de xentes comprometidas e diversas, gustaríanos facerte partícipe desta esperanza para Ames e para o país.
O acto será o:

xoves día 24 de maio,
ás oito da tarde (20:00h),
no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

Ao final do acto teremos uns pinchos para celebralo.

About Admin