ATENDE

Ames Novo estudará a posibilidade de rescindir o contrato do Concello coa empresa Eulen para as Escolas Deportivas

By on octubre 10, 2013

Na primeira semana a empresa xa incumpriu varias cláusulas do prego

Ames (10-10-2013) O inicio das Escolas non pode ser máis desastroso: a desorganización e carencia de información ten confundidos a todos os usuarios. Ademais a precariedade dos monitores e as formas de selección evidencian unha preocupante caída na calidade das Escolas Deportivas de Ames. Cúmprense así os nosos peores temores trasladados xa no Pleno de Setembro cando o concelleiro Anxo Doval denunciou a temeridade da oferta de Eulen e a falta de experiencia desta empresa neste tipo de actividades. Esta empresa é coñecida por dous motivos: por ter como alta directiva en Galicia a unha irmá do señor Núñez Feijóo e por facer ofertas temerarias rebaixando a calidade dos servizos.

Xa nesta primeira semana, Eulen incumpriu as cláusulas do prego do concurso, polo que, novamente, esiximos ao goberno que exerza a súa responsabilidade e sancione á empresa segundo se recolle no punto 26 – penalidades administrativas- do prego de condicións. Do mesmo xeito, hoxe Ames Novo solicitou a información necesaria para determinar se os incumprimentos por parte da empresa poden dar lugar á rescisión do contrato -a resolución do mesmo segundo a Lei de contratos do sector público artigos 223-225-.

Estamos a ver como o PP permite (ou favorece) o estrago dunhas Escolas que funcionaban de xeito razoable e que foron contrastando a súa calidade ao longo dos anos. Ames Novoentende que hai moitos aspectos mellorables pero non se pode desperdiciar unha traxectoria consolidada a cambio de algún beneficio descoñecido, que non ten que ver nin coa mellora para os usuarios nin para o deporte. Ames Novo fará todo o posible para evitar este deterioro, non podemos consentir que primen intereses alleos á calidade do servizo ou da promoción do deporte.

Outro exemplo do deterioro dos Servizos

Ames Novo ven esixindo ao PP desde o inicio do seu mandato que non se deterioren os servizos públicos: non podemos aforrar a conta da súa calidade. Agora múdase a xestión dun servizo que funcionaba ben por un escaso aforro nas arcas municipais ou por causas como que Eulen dispoña dunha plataforma de formación on-line -que nada ten que ver co obxecto do concurso pero que foi determinante, ademais da oferta económica, para gañar o concurso por 1 punto-. Ese pequeno aforro, practicamente insignificante para o concello, só se pode conseguir deteriorando o servizo e prexudicando aos usuarios.

As deficiencias foron detectadas polos Concelleiros de Ames Novo logo de falar con moitos usuarios, monitores e nais/pais de rapaces participantes nas Escolas deportivas. Ademais percorremos as sesións desta primeira semana e o que atopamos 32 alumnas de menos de 12 anos para unha monitora de ximnasia rítmica, monitores sen titulación específica, os monitores de baloncesto sen saber se van competir -cando xa tiñan que estar preparando as fichas-, clases de ballet que non se puideron celebrar o 1º día por falta de monitor/a, e iso despois de que esa disciplina fose ofertada a monitores de fútbol sala ou baloncesto, etc.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *