ATENDE

Ames Novo propón que as/os nenas/os de infantil poidan descansar nos colexios despois de xantar e en Bos día cole

By on octubre 12, 2013

(11.10.2013) Ames Novo fai unha proposta dentro dos servizos educativos complementarios para que as nenas e nenos de infantil que van ao comedor poidan manter unha actividade de relaxación nos centros educativos despois da hora de xantar, ao iguar que á primeira hora da mañá en Bos días cole.

Ames Novo solicita que nos distintos centros de ensino públicos de Ames se organice unha actividade de relaxación para despois de comer destinada ás nenas e nenos do segundo ciclo de infantil (de 3 a 6 anos), así como unha actividade complementaria en Bos días cole. A actividade consistiría en habilitar un espazo en cada centro educativo dispoñendo hamacas ou outro sistema que permita o descanso das/os pequenas/os cunha ambientación musical adecuada que facilite a relaxación para quen queira facelo. O período previo á xornada académica debe contribuír a que os nenos e nenas cheguen descansados á aula ou cando menos non fatigados pola actividade, e que logo de xantar poidan descansar ou mesmo durmir se así o precisan, o que sería posible grazas a esta actividade.

A actividade foi demandada por diversos profesores e nais/pais ademais de ser recomendada por diferentes expertos en saúde infantil, en especial foi solicitada pola ANPA e profesoras de infantil do CEIP A Maía. A partir desta demanda Ames Novo consultou as ANPA dos centros para saber da súa opinión e todas se mostraron moi favorables á proposta.

Ames Novo trasladou hoxe a proposta ao goberno municipal, para o seu desenvolvemento as demandas concretas implicaría

  • que os centros de ensino habiliten un espazo para situar as hamacas e no que poidan descansar as nenas e nenos;

  • que o Concello proporcione as hamacas ou outro sistema de descanso,

  • que as empresas concesionarias programen dita actividade, para a que non precisa persoal a maiores.

Esta proposta ten escaso custo, é moi sinxela de desenvolver e podería ser de proveito para moitos nenos e nenas de Ames.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.