Ames, exemplo na defensa do ensino público

(Ames 24-10-2013) As clases estiveron baleiras no concello de Ames, a comunidade educativa apoiou de forma masiva a folga contra a LOMCE. Desta vez foi unha auténtica folga xeral no ensino, comprendeuse como un problema de toda a comunidade e non simplemente do profesorado. As familias estableceron sistemas de solidariedade para atender ás nenas e nenos para apoiar a folga, e Ames demostra de novo ser un exemplo na defensa da educación pública.
A participación na folga do ensino en Ames paralizou completamente a actividade nos centros de Ames. Ames Novo púxose en contacto con todos os directores e directoras dos centros para dispoñer das cifras precisas e oficiais de participación, que recollemos no cadro. A folga foi secundada por máis do 80% dos rapaces e rapazas de Ames e no caso de secundaria por máis do 90%. No caso do profesorado o paro alcanzou ao máis do 50% en xeral e nalgúns centros superior ao 70%.
Queremos darlle os parabéns ás familias de Ames, ás nais e pais así como aos rapaces e rapazas así como ao profesorado que decidiron apoiar esta loita contra a Lei Wert e a favor da educación pública de calidade integradora. Ames Novo sente orgullo da súa sociedade civil que para poder secundar a folga tivo en moitos caso que establecer sistemas de solidariedade para poder atender conxuntamente dos fillos e fillas, apoios entre as familias, en especial entre as mulleres, facendo quendas, pedindo reducións no día de hoxe, xuntando aos rapaces. Todo un exemplo de loita. Tamén queremos felicitar aos/ás rapaces/zas máis maiores, o alumnado de secundaria, que secundou na práctica totalidade, superior ao 90%, a folga de xeito activo.
Ames demostrou de novo que ten unha sociedade moi activa, que quere defender o seu futuro da volta ao pasado, da desigualdade e do mercantilismo que o PP quere meter na escola. O concello máis novo de Galicia, con máis poboación en idade escolar, respondeu de xeito clara e contundente, igual que en toda Galicia e en todo Estado, xuntámonos ao clamor pola defensa da escola pública. E mentres o goberno de Ames ausente, un goberno que non está nin se lle espera, porque non sabe onde vive, nin lle dá a importancia que ten a educación pública nun concello como o noso. Ames como foi demostrando nos últimos anos que está na primeira fila da resposta ás políticas do PP para desmantelar os servizos públicos, e que ten unha sociedade civil moi viva, a anos luz do seu goberno. Como xa demostrara en reivindicando o instituto para o Milladoiro, ou no tema dos comedores, ou coas obras do CEP de Ventín ou nas defensa das unitarias. A comunidade educativa de Ames é un exemplo, de entrega e tamén de loita. Sabemos o que vale a educación pública e defendémola.
PARTICIPACIÓN na FOLGA no ENSINO en AMES en PORCENTAXE 24 de outubro de 2013 |
||
Profesorado |
Alumnado |
|
CEIP Agro do Muíño |
51,00% |
75,00% |
CEIP A Maía |
41,30% |
85,44% |
CEP Ventín |
50,00% |
80,85% |
CEIP Barouta |
40,00% |
75,00% |
EEI do Milladoiro |
77,27% |
79,62% |
IES do Milladoiro |
50,00% |
93,00% |
IES de Ames |
70,00% |
90,00% |
Todos os datos foron proporcionados polos/as directores/as dos centros |