ATENDE

Ames Novo propón conxelar as taxas e eximir a xente con maiores dificultades

By on octubre 25, 2013

(25-10-2013) Ames Novo presentou un conxunto de propostas para evitar unha sobrecarga das familias de Ames e eximir do pago aos veciños con dificultades económicas severas. Propúxose un umbral de exención para os usuarios con menos recursos e conxelar o conxunto das taxas e prezos públicos municipais sen subir o IPC. Así mesmo establecer fórmulas que faciliten o pago e que permitan a valoración máis xusta adecuando a valoración económica a situación real en cada momento. Tamén se recolle a nosa proposta para incluír aos menores de 25 anos dentro da unidade familiar cando non teñen ingresos.

As propostas de Ames Novo fanse cargo da situación de emerxencia social que están padecendo moitas familias, e neste contexto presentou unha conxunto de propostas para que a fiscalidade municipal sexa máis xusta e accesible para toda a veciñanza. O goberno de Ames remitiu unha proposta de ordenanzas fiscais coa intención de actualizar o 1,8% do IPC para o ano 2014. O PP de Ames ten protestado enerxicamente contra a subida de impostos e feito propostas de conxelación dos prezos públicos cando estaba na oposición, e agora cando máis grave é a situación xa se esqueceu e o único que fai é presentar esta subida.

O grupo de concelleir@s de Ames Novo leva facendo fronte desde o primeiro momento a esta visión reducida e contable da facenda municipal. Hai que ter en conta a situación social xeral e sobre todo o empobrecemento de moita xente a por desgracia significa demasiado determinadas taxas e prezos públicos o que os obrigan a prescindir do servizo ou verse afogados cando o pago é ineludible. Ames Novo recolle agora en forma de emendas unha serie de iniciativas que presentadas desde hai tempo en xurdidas ao fío dos debates na Plataforma do lixo e coas ANPA en relación cos servizos educativos complementarios. As achegas son:

  1. Conxelación de todas as taxas e prezos públicos no ano 2014, o que implica:

  • manter as taxas e prezos públicos de xestión directa municipais, sen incrementar a suba do Índice de Prezos de Consumo (IPC) de xullo 2012-xullo 2013 fixado no 1,8%.
  • negociar coas empresas concesionarias de servizos municipais para que non aumenten o IPC nos prezos públicos.
  1. Establecer un umbral de exención por baixo do cal os usuarios quedarían exentos do pago. Fixarase como umbral de exención o definido para a situación económica dos cidadáns cada ano para os Servizos educativos complementarios.

  2. Nos pagos que corresponda, determinar mecanismos que permitan a valoración actualizada da situación económica dos cidadáns usuarios, para que dea conta da situación real e garantir a súa xustiza nun momento de grandes cambios nas economías familiares:

    • establecer fórmulas que permitan a avaliación económica das familias a partir da declaración da renda inmediatamente anterior á solicitude;
    • establecer mecanismos de revisión da situación económica dos cidadáns afectados ao longo do ano a partir da solicitude das familias que demanden a súa actualización, sempre e cando mudara ben a súa situación económica de forma substancial, ben a contabilización do número da unidade familiar
  1. Os pagos que deban realizas os cidadáns que na actualidade se aboen nin só cobro anual, o Concello establecerá dous prazos de pago.

  2. Tamén se recolle na propia proposta do goberno a iniciativa de Ames Novo e apoiada por unanimidade do Pleno para que os menores de 25 anos sen ingresos se inclúan na unidade familiar a efectos fiscais.

Nun momento de extrema gravidade social o Concello debe ser moito máis sensible a situación das familias e buscar que os seus impostos non afoguen máis as economías familiares e eviten penalizar aínda máis á xente con menos recursos. Tamén debe ter en conta os cambios bruscos que se producen derivados da perda e da precariedade no emprego, e ter en conta isto á hora da valoración económica das familias. Ames Novo fai proposta viables e asumibles pola facenda local e propuxo na comisión informativa do Pleno que se recollan nas ordenanzas combatendo a visión estreita do PP que só busca recadar para cadrar as contas desprezando o efecto social que producen a súa política fiscal.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.