ATENDE

Ames asume criterios sociais nas taxas a proposta de AN e o copago famaceutico

By on noviembre 4, 2013

 

O goberno en minoría perde a maioría das votacións.

As iniciativas de Ames Novo aprobadas foron as principais propostas do Pleno

(Ames 2-11-2013). O Pleno de Ames aprobou os criterios sociais na súa fiscalidade propostos por Ames Novo, así como a asunción municipal do copago farmaceutico hospitalario para os enfermos afectados pola medida do PP, as principais propostas do Pleno.

 

No debate sobre as ordenanzas presentouse a proposta por Ames Novo e o PSOE de conxelar as taxas evitando a subida do 1.8% do IPC proposto polo goberno de Ames, xunto a esta aprobouse o noso paquete de medidas que incorporan me criterios sociais nas taxas e prezos públicos municipais -e que se negocie coas empresas para evitar a suba nas de xestión privada- Entre as medidas destaca a exención das taxas e prezos públicos para os veciños con menos recursos, facendo coincidir cos criterios xa acordados de exención dos comedores -renda per cápita igual ou inferior ao 25% do IPREM anual-. Ademais incluíronse medidas para fraccionar os cobros anuais dun só pago en dous, xunto a medidas complementarias para ter en conta a situación real das familias nas taxas onde se valora. Todas estas medidas foron advertidas nun informe do interventor e a tesoureira que indicaron que farían incumprir o Plan de axuste e por dificultades de xestión; estas obxeccións foron discutidas por todos os grupos salvo o PP dado a situación da facenda municipal e a súa escasa repercusión económica para as súas arcas municipais, e tendo en conta que o Plan de axuste é un marco de equilibrio a medio prazo que non tería que verse afectado. En todo caso a defensa da xustiza e a solidariedade das medidas tamén no cobro das taxas e prezos municipais marca o camiño dunha fiscalidade alternativa e sensible a extrema situación actual.

 

O outro gran acordo do Pleno foi a aprobación da moción de Ames Novo para evitar que os enfermos teñan que asumir o ‘repago’ dos medicamentos da farmacia hospitalaria. A moción coincidía con outra do PSOE no obxectivo de presionar ao goberno central para que retire esta medida e ao goberno galego para que non a aplique; pero o principal foi o punto específico da iniciativa Ames Novo para que o Concello se faga cargo do pago correspondente a estes enfermos garantindo así o dereito á saúde para a veciñanza de Ames e neutralizando o efecto desta medida antisocial, facendo propia unha iniciativa de Compromiso por Galicia. A portavoz Pilar Candocia deixou en evidencia que “é unha medida inxusta e insensible que mostra unha falta de humanidade extrema por parte do PP, que só mira para os números sen ter en conta os efectos para xente, en especial as persoas máis vulnerables”, e deixou claro que “para nós a sanidade e a educación debe ser universal, e faremos todo o que estea na nosa man, tamén desde o Concello, para asegurar as conquistas das loitas de séculos”

 

Outro punto foi o debate sobre a Conta Xeral que se aprobou cos votos favorables do PP e PxA, en contra do PSOE e a abstención de Ames Novo. A nosa abstención fundamentase nunha distinción básica, a Conta xeral é un documento técnico-económico de contabilidade pública que está elaborado de xeito correcto na súa dimensión técnica, pero ao tempo dá conta da nefasta xestión económica do ano 2012 do goberno municipal -ano no que o PP estaba todo unido-. Sobre a xestión o concelleiro Anxo Doval deixou claro que “alarmaba sobre unha situación económica do concello que non era real, sobre esa mentira quixeron botar a traballadores municipais, pechar servizos e facer recortes que agora está padecendo toda a cidadanía”, a situación de saneamento ten que ver con circunstancias extraordinarias como o cobro do lixo -pendente de resolución xudicial-, o aumento do IBI non determinado polo Concello, e un crédito extraordinario que agora está sendo moi gravoso cando non se precisaba. Pero sobre todo as cifras son froito da inactividade do goberno, ao non ter investimento -un terzo do orzamentado-, ao non ter iniciativa nin facer nada, todos os cartos chegan. “A causa do equilibrio é a incapacidade do goberno, a consecuencia é a inactividade municipal, como se vai vender como un logro a parálise?”

 

Por último tamén se debateu unha moción do PP en referencia ao suposto grupo terrorista Resistencia Galega cun texto que procuraba connotar como violentos a calquera que non asuma os seus termos conservadores e partidarios de condena. Ames Novo presentou un texto alternativo de rexeitamento de todo tipo de violencia e de apoio a todas as vítimas, e fundado nas referencias internacionais a favor da paz e a non-violencia, que foi cualificado polo grupo socialista como un texto “moito mellor ca o do PP”. A nosa emenda foi defendido defendida de forma contundente pola concelleira Susana: “nós non andamos con medias tintas, dicímolo claro: rexeitamos toda a violencia, tamén a produto da acción das institucións, a referida ao franquismo, o terrorismo ou o racismo, todas son rexeitables, e vítimas tamén son as que sofren políticas que os condenan á miseria ou á morte“. O PP votou en contra do rexeitamento a todo tipo de violencia, e Ames Novo abstívose diante da moción do PP e a súa versión reducida e reaccionaria da violencia.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *