ATENDE

AMES di NON a VIOLENCIA contra as MULLERES

By on noviembre 23, 2013

(23-11-2013) Ames Novo lanza unha campaña buscando o compromiso activo da cidadanía na loita para parar a violencia contra as mulleres, ao tempo que mostra que esixe unha acción efectiva por parte das institucións políticas. Baixo o lema “Ames di non á violencia contra as mulleres, que dis ti? Os teus xestos mudan políticas”

A campaña busca visibilizar o problema da violencia contra as mulleres promovendo a colocación de lazos violeta entre a cidadanía, para o que se busca a colaboración de comercios e establecementos públicos na súa distribución con carteis co lema da campaña. A campaña comezou na mañá deste sábado co reparto entre os diferentes establecementos comerciais, bares e lugares públicos do Milladoiro e Bertamiráns de cestas con lazos para seren repartidos entre a cidadanía o próximo luns 25 de novembroDia internacional da violencia contra as mulleres, ademais farase un reparto nos bares das parroquias de Ames.FotoHenriqueCostasContraViolencia

O reparto que contou cos 4 concelleiros/as e foi iniciado polo novo coordinador de Ames Novo, Henrique Costas, que declarou na presentación que “a violencia de xénero é unha das principais lacras da nosa sociedade que debe ser combatida de forma común desde a sociedade e desde os poderes públicos“. Porque a campaña atende a ambos planos, “no plano social busca a consciencia sobre o tema pero tamén unha solidariedade activa para que a vítimas saiban que non están soas e poden contar coa sociedade e tamén coas institucións públicas para escapar do maltrato e que dispoñen de alternativas seguras para refacer unha vida lonxe da violencia, con recursos e autonomía para non depender de quen a maltrata”.

A campaña ademais de buscar o compromiso activo da sociedade tamén denuncia o abandono dos gobernos do Partido Popular que reducen os recursos e doutras institucións que permanecen impasibles ante esta barbarie. A asociación Ve-la luz denunciábao de forma alta e clara: “Non hai vontade de protexer as vítimas de violencia de xénero nin os seus fillos” e apuntaba a certos políticos: “ocupan o seus escanos mediante un discurso pusilánime e confuso” sobre a violencia machista e denuncia o “silenciamento do maltrato xudicial e institucional”.

A campaña está tendo unha extraordinaria receptividade por parte do comercio de Ames, que se está implicando de forma activa na mesma con máis de 3.000 lazos distribuídos e mais de 100 establecementos colaborando. Ames Novo fai un chamamento público para que toda a cidadanía se implique mostrando o lazo violeta o día 25 de novembro, así mesmo ofrecese a todos os establecementos que nolo soliciten facilitarémoslle unha cestiña con lazos e un cartel para a súa difusión.

Pode solicitalo dirixindo un correo a ames.novo@gmail.com ou chamando a teléfono 627570951.

ViolenciaContraMulleres2

Para rematar coa violencia contra as mulleres precisamos a implicación de toda a cidadanía, onde apela esta campaña, pero desde logo precisamos que os responsables políticos e as institucións públicas asuman toda a súa responsabilidade. Como sinalou Henrique Costas: “A crise non pode ser unha escusa para rematar con este problema que sacude a toda a sociedade. Necesitamos políticas que permitan prever a violencia ao tempo que apoio ás vítimas para que podan ser autónomas e reconstruír a súa vida.” No seu momento o salario da liberdade mostraba un camiño de accións efectivas e non só simbólicas, dando capacidade para que as mulleres ter un futuro lonxe da violencia.

Mostremos a nosa implicación activa e a nosa esixencia aos responsables para que atendan a demanda das organizacións que traballan día a dia neste campo. Mostremos os nosos lazos, lazos sociais para atar as vítimas á vida, á seguridade e a dignidade. Os nosos xestos mudan políticas.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *