ATENDE

Debate sobre a sentenza do Prestige. A dignidade de #NuncaMais

By on diciembre 4, 2013

[Fotos de Ames a Diario]

Coloquio: A sentenza do Prestige a debate
organizado por Ames Novo

Á tardiña deste martes día 3 de decembro tivo lugar o coloquio ás 20:00h no Milladoiro no Café Babia Milladoiro. Coa participación do avogado de Nunca Máis, Pedro Trepat, e o portavoz da Plataforma Nunca Máis, Xaquín Rubido, sendo moderado polo coordinador de Ames Novo e voceiro naquel momento de Nunca Máis-Milladoiro Quique Costas, e que deu lugar a un fluído debate sobre que pode acontecer no futuro e que se debería facer agora.

Recollemos os comentarios máis destacables das intervencións:

O avogado de Nunca Máis, Pedro Trepat, recordou que:
Pedro Trepat

«Nunca Máis non iniciou a vía penal, personouse na incoada polo goberno, ademais considero que a administración penal non é a máis apropiada para este tipo de delitos.»

«Non hai dúbida que o alonxamento do barco foi o que provocou a contaminacióin de espazos de especial interese, por exemplo o parque natural das Illas Atlánticas que teñen unha diferente protección e delicto»

«O unico perito xudicial, a quen se lle presupón neutralidade, díxoo claro: o distanciamento do barco foi feito sen criterio científico ou técnico e agravou as consecuencias».

«Agora o recurso de casación non ten garantías de prosperar porque non é un recurso de apelación, é un recurso extraordinario de casación de carácter moi técnico. A sentenza é frouxa e tendenciosa na valoración da proba, pero xusto isto non se é recurrible.»

Pola súa parte o portavoz de Nunca Máis, Xaquin Rubido, remarcou Xaquín Rubido

«a non separación de poderes, existen dúas varas de medir que salvagardan aos poderosos».

«o impacto ambiental e económico foi moi grande, na produción supuxo un antes e un despois que se detecta na presenza de  produtos foráneos e de produtos galegos nos mercados».

«temos unha sociedade viva é a resposta de Nunca Máis foi o exemplo, conseguíronse moitas cousas que non se aprecian ben, os valores están aí»

«os medios de protección cambiaron en parte, non son suficientes pero foi grazas á presión da sociedade. En parte melloraron e en parte empeoraron polos recortes e pola privatización de medios a través de empresas que quitan tallada dos recursos públicos»

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.