ATENDE

O balance da Campaña de Nadal do Concello demostra o pouco interese do goberno polo comercio local

By on febrero 5, 2014

 Ames (04.02.2014) “Falta de iniciativa, de ideas, de ilusión e de interese” así é como dende Ames Novo califican ao goberno do PP de Ames en cada unha das áreas, pero moi especialmente na promoción económica e no apoio ao comercio local. Como di a concelleira Olalla Alvite “vimos denunciando esta situación dende hai tempo, pero o balance da Campaña de Nadal levada a cabo polo Concello pon de manifesto uns niveis de deixadez inasumibles

Como exemplo, sinala como o Concurso de Escaparates do Nadal se resolverá no presenta mes de xaneiro. Suponse que esta iniciativa busca a dinamización do comercio local facendo que os cidadáns se acheguen aos comercios para contemplar os escaparates. Sen embargo, o concurso fallarase cando os escaparates de Nadal xa están desmontados. “Son cousas que só se poden entender cando se continúa coas iniciativas por inercia, sen entendelas e sen ter nin un pouco de ilusión polo que se fai”, asegura Olalla Alvite.

A concelleira de Ames Novo ironiza con que como gran novidade deste ano, o goberno do PP presenta aos comerciantes a iniciativa do Rasca e gaña, uns boletos para entregar aos clientes por cada compra e no que podían gañar premios. Pero, “ademais de que a iniciativa non foi publicitada e os clientes non sabían nada dela, o material foi entregado en moitos establecementos o día 20 de decembro: cando pensa o goberno de Ames que comeza a Campaña de Nadal para o comercio?, pensan que o resto do mundo pode permitirse ir ao seu ritmo?”

Aínda así o máis grave para Ames Novo que os artigos que se agasallaban eran pequenos obxectos tipo merchandising (lapis, bolígrafos, bolsas reutilizables… ) co logotipo do Concello pero que foron encargados e mercados nunha empresa de fóra do Concello, cando en Ames existen varias empresas que ofrecen este mesmo material.O goberno debería dar exemplo e potenciar o comercio e o tecido empresarial de Ames facendo as súas compras nos nosos establecementos, que é o obxectivo da campaña. Se o concelleiro puxese ao día a Guía de Empresas e Comercios do Concello probablemente se dese conta que non preciso saír de Ames para atopar ese tipo de produtos”.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *