ATENDE

Chicas de cine falando de amor

By on febrero 10, 2014

As alumnas do IES de Ames: Andrea Meléndez Arenas, Rosalía Seijas Tuñas, Lidia del Río Blanco, xunto a profesora  Eva Garea Traba, e a directora do Centro Marisol Louro, na entrega dos premios Goya, na foto de El Correo Gallego.

O IES de Ames foi premiado en novembro de 2013 co Premio de Historia da Cinematografía 2013, convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. A Orden de concesión do premio «quixo premiar o uso do cine como instrumento pedagóxico ao empregar as películas como fontes en si mesmas de análise e estudo de conceptos filosóficos».

O Premio de Historia da Cinematografía a nivel do conxunto de España na categoría de Bacharelato recaeu no traballo ¿De qué hablamos cuando hablamos de amor? La construcción histórica del amor. A propósito de la trilogía Matrix. elaborado polas alumnas do IES de Ames (Bertamiráns): Lidia del Río Blanco, Rosalía Seijas Tuñas, Andrea Meléndez Arenas, baixo a dirección da profesora de filosofía Alicia Eva Garea Traba.

Dante e Beatriz, Botticelli, Emily Brontë, Marco Antonio e Cleopatra,  Platón, Fromm, Quevedo, Madonna, Picasso… e Neo e Trinity de Matrix.

Sentímonos moi orgullosas/os de vós, do equipo de alumnas, das docentes e do Centro. Unha honra para Ames. Parabéns.

Podes descargar o traballo completo aqui:

Premio IES Ames

 

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.