ATENDE

Homenaxe ao gaiteiro Germán V Soneira

By on febrero 13, 2014

Ames (11.02.2014). Festa, memoria e recoñecemento. Este domingo terá lugar a homenaxe ao gaiteiro en Bertamiráns da man da presentación do libro-disco que lle dedicou a asociación A Regionalista, que organiza este concerto xunto a Ames Novo.

Este domingo 16 de febreiro terá lugar un concerto de presentación do libro-CD en homenaxe a Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas. Este acto está organizado conxuntamente Asociación Cultural A Regionalista e Ames Novo, e en colaboración da Asociación Cultural Follas Novas.

O acto de homenaxe terá lugar este:

  • domingo 16 de febreiro de 2014,
  • ás 18:00h.
  • na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames).

A Asociación Cultural A Regionalista de Teo adicoulle un libro-disco a Germán V. Soneira, o gaiteiro d’Os Lamas, que recolle a súa biografía e no que se fai un percorrido por pezas que foron emblemáticas na súa traxectoria musical. Este gaiteiro da parroquia de Framil de Biduido (Ames) naceu en 1939, e procedendo de familia de gaiteiros participou desde novo na charanga do «Sexteto enxebre Hermanos Lamas», e despois tivo que marchar cara o Brasil onde botou boa parte da vida.

Germán ten a particularidade de tocar e cantar ao mesmo tempo, como facían moitos gaiteiros tempo atrás. A AC. A Regionalista e Ames Novo, en colaboración coa AC. Follas Novas, queremos renderlle homenaxe para poder recoñecer a un símbolo da cultura tradicional e popular, e facelo divertíndonos en comunidade co que sabe facer de xeito magnífico, cantar e tocar a gaita. Como di o homenaxeado neste concerto teremos garantido «farra pra diante», chamamos a asistir o domingo en Bertamiráns a toda a xente que saiba disfrutar da festa.

Pode verse aquí un perfil do Sr. Germán na páxina da AC A Regionalista,

e Información do libro-disco na Asociación de Gaiteiros Galegos:

Máis información no evento de facebook.

Video de presentacion con música e fotos:

Participación de Germán V. Soneira no programa Alalá:

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.