ATENDE

Todas son Rosalía. Rosalía é de todos e todas

By on febrero 23, 2014

Intimista, popular, combativa, feminista, romántica, galeguista, universal, tradicionalista, rompedora. Todas son Rosalía, Rosalía é de todos e todas. O 24 de febreiro lembramos que non morrerá nunca.

A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega fai un chamamento á lectura pública de Rosalía de Castro na data do nacemento da poeta que tamén é nosa. Este ano o Concello de Ames celebra a data na Casa da Cultura de Bertamiráns xuntando ás pandereteiras As Maianas, á Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido, ao profesor e poeta Carlos Negro, á profesora e critica literaria Dolores Vilavedra, así como a nenas e rapaces dos colexios e institutos de Ames. Hai futuro.

A nosa homenaxe: poder escoitar a Rosalía nas máis diversas voces:

Amancio Prada, Luz Casal e Carlos Núñez, Pucho Boedo e Los Tamara, Joan Baez, Cristina Gallardo Domâs e Juan Durán, Roi Casal, Acadacanto, Uxía Senlle, Najla Shami, Narf, e os centos de nenos e nenas que cantaron a Rosalía en Bonaval.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.