ATENDE

Escolas Infantís: as nais/pais e Ames Novo garanten a universalidade do comedor

By on mayo 31, 2012

O día 1 de xuño comeza o período de matriculación nas escolas infantís de Ames. A partir de agora haberá unhas normas iguais para todas as familias, sen importar a que escola leven os seus cativos, porque o día 15 de maio aprobouse o novo Regulamento de Réxime Interno que unifica o funcionamento de todos os centros.

Ames Novo estamos especialmente safisteit@s porque conseguimos que se manteñan os horarios de Nadal, Antroido e o mes de agosto, tal como nos reclaman os pais e nais. Ademais, incluímos no acordo unha esixencia fundamental para que os servizos de conciliación sigan sendo un dereito de toda a veciñanza: a universalidade do comedor. Co goberno socialista, os rapaces con media xornada non tiñan este dereito, aínda que o seu horario o fixese conveniente. Agora vai ser posible que todos os que o precisedes deixedes os vosos fillos/as no comedor da EEI o Bosque ou da Madalena.

Quedaron fóra do acordo dous temas para os que xa pedimos que se retomen no futuro: por unha parte, que as familias poidan establecer as vacacións do/a cativo/a por semanas naturais (de luns a domingo), que é o que ás veces reclaman as empresas; pola outra, que se estableza unha diferenza entre a febre coa que se informa aos pais de que pode haber algunha enfermidade, da que esixe que se recolla o neno, para que non acontezan as disfuncións que hai agora entre normas escolares e sanitarias.

[Na foto Pilar Candocia e Susana Mayo na súa ronda de entrevistas nos Centros educativos, Escolas infantís e coas ANPA]

About Admin