ATENDE

PRESENTACIÓN DE “PARA QUE NOS SERVE GALIZA?”

By on febrero 28, 2014

O día 28 de xaneiro o Pazo da Peregrina ateigouse de xente, ávida de descubrir, debatir e compartir ideas. O motivo: A presentación do libro do noso compañeiro Xaime Subiela “Para que nos serve Galiza?”.

1797326_427583754038968_1726919293_n

O acto, organizado conxuntamente por Ames Novo e a editorial Galaxia, contou coa participación, xunto co autor da obra galardonada co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, con uns actores de luxo: a política e historiadora Encarna Otero, e o alcalde da veciña localidade de Teo, Martiño Noriega. Da condución do coloquio encargouse o xornalista da  TVG  Tino Santiago.

Entre os tres foron debullando algunhas das ideas que centran este traballo, no que se reflexiona sobre a natureza e o rol do pensamento galeguista no século XXI. Sobre que características debe ter para constituirse en elemento inclusivo e asumible, non excluínte ou xerador de rexeitamento. Sobre a idea de nación como construción humana, social e colectiva fronte ao concepto de algo físico e inmutable. Sobre os desafíos de unha redefinicón do pensamento galeguista construído en rede, de xeito participativo… E esa participación colectiva tivo tamén a súa expresión nas intervencións que se produciron desde o público.

Peregrina3

Un acto á altura de un libro que senta elementos para abrir un debate imprescindible de futuro, pero tamén de presente, no ámbito das ideas e da acción necesaria para a redefinición dese concepto que chamamos pensamento galeguista ou, se se quere, nacionalista.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *