ATENDE

A xornada única no CEP Ventín do Milladoiro

By on marzo 14, 2014

Foto: Ames a Diario

O CEP Ventín do Milladoiro votou o 14 de marzo de 2014 o cambio de xornada no centro para o curso 2014-2015. Este foi un proceso que comezou hai máis de 10 anos e que se materializou agora grazas a un traballo incansable e, sobre todo, consensuado coas familias dos centros escolares do Milladoiro. A partir do mes de setembro, en Ventín haberá xornada única porque foi o que decidiu unha amplísima maioría da súa comunidade escolar.

A nova oferta educativa do Milladoiro

No vindeiro curso, os alumnos e as alumnas do centro de primaria do Milladoiro terán clase de 9:20 a 14:20 h, de luns a venres. A seguir, haberá transporte escolar para o alumnado que non quede ao comedor.

Mantéñense, coma no resto do Concello de Ames, os servizos de conciliación Bos Días Cole, Comedor Escolar e Tardes Divertidas. O comedor, que sen dúbida é o servizo máis demandado, continuará organizándose en dúas quendas e rematará o servizo ás 16:50 h, ofrecendo unha marxe horaria idéntica ao resto dos centros. Por outra parte, tamén imos contar co, servizo de transporte tras o comedor, que sairá ás 16:20 h do colexio, todos os días menos os martes, que sairá ás 16:45 h.

Ventin_Marcha2Esta proposta é, en esencia, unha das alternativas presentada pola comisión promotora da votación da xornada, que se veu modificada na xornada dos martes pola Consellería, xa que parte dos autobuses que se empregarán están previamente asignados aos institutos de Cacheiras e do Milladoiro. Grazas a ela, conséguese un dos obxectivos principais desta iniciativa, acomodar os horarios de todos os centros do núcleo, de xeito que se facilite a conciliación para os/as que teñen fillos/as en varios centros. Agora mesmo, isto ocorre con moita asiduidade, xa que cada ciclo escolar é ofrecido nun centro diferente: EI A Madalena, EEI Milladoiro, CEP Ventín e IES do Milladoiro.
Foto: Ames a Diario

De como non se fan as cousas

Pode estrañar que tantos anos despois de comezar esta pelexa se siga insistindo. Incluso pode parecer que non se respecta a vontade expresada durante todo este tempo de manter a xornada partida. Pero é que en Ventín, como en tantos centros de Galicia, a votación da xornada nunca ofreceu, ata esta ocasión, unha alternativa pensada por e para as familias, que son, ao fin ao cabo, as que teoricamente decidían neste tema. Cada vez que se votou, fíxose a partir dunha proposta confeccionada pola Xunta de Galicia e a respectiva empresa de transporte, sen pensar máis ca no beneficio desta ou, cando menos, en que non lle xerase perdas.

Ventin_PecheClaro está que hai unha lei de contratos que protexe aos subministradores de servizos á Administración, obrigándolle a esta a pagar un 20% de indemnización no caso de que un cambio nun contrato lle reste beneficios á empresa. Pero tamén está claro que se ás empresas, cando se lles asignan contratos a 10 ou 20 anos, se lles esixen outras condicións de servizo tamén habería marxe de negociación. No caso do transporte escolar, as concesionarias empregan os menos vehículos e persoal posibles, aproveitándoo incluso para outro tipo de servizos, co que 10 minutos poden influír en ter que pagar unha hora máis a un condutor/a e aí non, aí xa non se pode tocar. E onde quedan os criterios pedagóxicos? E as necesidades das familias?

Foto: Ames a Diario

Unha lección cidadá

Efectivamente, o que pasou en Ventín foi unha lección de estrita e escrupulosa democracia. As familias promotoras, moitas de Ventín, pero tamén dos outros centros educativos, en definitiva, da comunidade escolar do Milladoiro, dixérono ben claro desde a primeira asemblea: ou nos vale a tod@s ou non nos vale. Tratábase de conseguir unha votación xusta, na que a administración non investise máis recursos e na que as familias puidesen optar entre a xornada actual e unha que fose alternativa de verdade, coas condicións educativas e de servizos en que ninguén perdese con respecto á xornada partida. Para isto informaron e consultaron con todos, sen importarlles o tempo que lles levase, e mobilizáronse, como hai anos, chegando a pecharse no colexio na demanda de que se considerase a súa proposta.

E velaquí os resultados: a Consellería de Educación autorizou a consulta. Votaron 350 familias, o 80% do censo, e 343 dixeron que si.

VentínFelicidade

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *