ATENDE

Convocatoria para a Asamblea de Ames Novo

By on marzo 20, 2014

O sábado 29 de marzo, ás 18:00 horas reunirase a Asemblea de Ames Novo no Pazo da Peregrina de Bertamirán novo para debater as actuacións desenvolvidas polo colectivo no último trimestre, a situación actual da organización e os seus obxectivos; a acción do Grupo Municipal; o regulamento para a confección da lista de persoas candidatas para as Eleccións Municipais de 2015; a fórmula de concorrencia ás eleccións e o calendario de accións de cara á presentación da lista; e máis outras cuestións que as persoas asistentes queiran formular.

As Asembleas de Ames Novo, que se celebran con periodicidade trimestra, están abertas á participación da cidadanía, polo que pode asistir e participar nos seus debates calquera persoa que estea interesada.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *