ATENDE

Memoria democrática de Ames, honrando a corporación republicana

By on abril 15, 2014

Arredor do 14 de abril Ames Novo quixo celebrar a memoria democrática de Ames honrando á corporación republicana presidida por Óscar Lojo Batalla -destituída no 1936 pola ditadura Franquista- e unindo simbolicamente á memoria viva de Ames, os señores Maximino Viaño e José Varela. Tamén proxectamos no Milladoiro a película Las Maestras de la República, traballo realizado por FETE-UGT que recibiu o premio Goya á mellor longametraxe documental 2014.

Podes escoitar a magnífica tertulia de Radio Ames ao respecto na que participan Maximino Viaño, José Varela e Pilar Candocia nos seguintes audios , , e 4.

 A homenaxe á corporación republicana de Ames tivo lugaro domingo día 13 de abril ás 13:30h na Escola de Tapia, diante do busto de Lojo Batalla. Este acto conmemorativo buscaba restituír a honra dos membros da corporación republicana e nel participaron algúns dos seus descendentes, veciños e membros dos grupos municipais socialista e de Ames Novo. No acto interviñeron a portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia, que deixou constancia do valor da República para a modernidade social e o avance de Ames en ámbitos clave como a educación; así como Anxo Doval, concelleiro de Ames Novo, que deu conta do labor da corporación deposta e da importancia da República no noso municipio. Tamén participaron dúas persoas que son a auténtica memoria viva de Ames: Maximino Viaño, para narrar un perfil do alcalde Óscar Lojo Batalla, lembrando a relevancia do seus actos no campo das obras públicas, as feiras e a creación de moitas escolas en varias parroquias de Ames; xunto a outra lenda do noso Concello, José Varela, que falou en nome dos descendentes da corporación republicana, Varela é neto do tenente alcalde da época.

ActaRepublica2

 Foi un acto moi emotivo e contou coa ofrenda dun ramo que contiña unha rosa por cada membro da corporación, no transcurso da cal se fixo lectura en voz alta dos nomes dos concelleiros para devolverlles publicamente a honra que quixeron arrebatarlle, os seus nome eran: Oscar Lojo Batalla, Marcelino Abeledo Álvarez (1º tenente de alcalde), Manuel Ferro Rey, José Ramón Seara Noya, José Vázquez Lens, Manuel Reino Barreiro, Antonio Crespo Gómez, Benito del Río Baliña, José Barbeito Barreiro, Manuel Rey Beiroa, Manuel Lamas Lamas, Vicente Guerra Pose, Enrique Bustelo Otero (falecido naquela altura), Francisco Fernández Suárez, Manuel Nieto Castro, Jesús García Casas.

MestrasRepúblicaO outro evento para recordar a memoria republicana foi a proxección gratuíta da película documental Las Maestras de la República o venres 11 de abril, ás 21:00h, na Casa da Cultura do Milladoiro. O acto tivo moi boa acollida, tanto en número de asistentes como a valoración do mesmo na que resaltaba moita participación da comunidade educativo. O traballo realizado por FETE-UGT que recibiu o premio Goya á mellor longametraxe documental 2014, a quen queremos agradecerlle a súa xenerosa colaboración. Logo da proxección do documental o historiador Gustavo Hervella, investigador do proxecto universitario Nomes e voces deu conta da represión na zona de Santiago e, máis especificamente en Ames, contando de forma amena e documentada o acontecido.

A memoria democrática debe ser un orgullo para toda a cidadanía de Ames

En Ames a República trouxo luces e escolas

Acto Republica3

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *