ATENDE

CAMPAÑA DE DIFUSIÓN DA TOPONIMIA LOCAL

By on mayo 8, 2014

Co gallo da celebración o 17 de Maio do Día das Letras Galegas, dedicado nesta ocasión á figura do poeta de Guitiriz  Díaz Castro, Ames Novo lanza unha campaña en colaboración co comercio local que busca dara coñecer e impulsar a correcta utilización de tódolos topónimos do noso concello.

Ames Novo vai desenvolver nas próximas datas, arredor da celebración do Día das Letras Galegas, unha campaña para dar a coñecer os topónimos correctos que designan a cada parroquia e lugar do noso Concello. Para iso distribuiranse carteis que recollen a totalidade destes nomes entre todo o comercio local, así como manteis de papel nos establecementos hostaleiros.

A listaxe que se mostra tanto nos carteis coma nos manteis é a recollida pola Comisión de Toponimia. No proceso de elaboración destes materiais descubrimos, non sen sorpresa, que a forma que viñamos utilizando (como moitas outras organizacións e, mesmo, sitios oficiais) para designar o val no que se asenta Bertamiráns non era a correcta  xa que hai un ditame da devandita Comisión que sinala que a forma correcta é a que separa o o artigo. Xa que logo debemos escribir A MAÍA e non, como erroneamente viñamos facendo Amaía.

De seguro que moitas e moitos levaremos máis sorpresas e, a maioría, descubriremos nomes que descoñeciamos e que designan recunchos do espazo que poboamos. Porque designar as cousas polo seu nome verdadeiro é un paso imprescindible para poder amalas.

Agradecemos, coma sempre, a acollida por parte dos establecementos de comercio local cuxa colaboración é imprescindible para que se poida desenvolver a campaña.

 

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *