ATENDE

BREVE BIOGRAFÍA DE D. ÓSCAR LOJO-BATALLA SAMPEDRO. Maximino Viaño

By on mayo 8, 2014

O noso veciño Maximino Viaño (Ames, 1927), impulsor de iniciativas agrarias como a Cooperativa Feiraco (da que é socio fundador) ou a denominación Ternera Gallega, ten feito contribucións fundamentais ao mantemento da memoria de Ames, plasmadas en libros como “Lembranzas: Una vida en el campo gallego” (2001) ou “Os Muíños de Riamontes: Contos da miña aldea” (2004). No texto que achegamos traza unha semblanza do que foi Alcalde de Ames no período republicano, Óscar Lojo Batalla, con quen mantivo unha relación case familiar.
Naceu Don Oscar na aldea de Vilouta da parroquia de Tapia en Ames no ano 1873, e faleceu na mesma casa onde nacera en 1963. Moi novo emigrou a Buenos Aires onde empezou a traballar de ambulante vendendo garabatas polas rúas.

Era fillo do médico Batalla que atendía na propia casa de Vilouta.

Na década de 1920 regresou definitivamente da emigración á súa aldea natal onde viviu ata a súa morte. No eido particular adicou todos estes anos ao coidado da herdanza que ti

Mantiña unha coidadosa relación con todos os veciños e cos nenos da parroquia aos que lle facía regalos polos Reises a través da súa sobriña, chamada cariñosamente Lilí Batalla, catedrática de Inglés en Santiago, e, invitándoos tamén a que visen na súa horta como os paxariños lle viñan comer broa a súas mans.ña en común con seus irmáns Don Jesús e Doña Soña. adicando especial atención a horta da casa moi ben cerrada con muro de pedra, con unha parra que chegou a ser famosa na comarca pola calidade do viño que conseguía traballándoo persoalmente.

Documento xocoso cos autógrafos de Lojo-Batalla e Lily Batalla

Documento xocoso cos autógrafos de Lojo-Batalla e Lily Batalla

Cultivaba tamén a amizade entre os veciños a través de actos un tanto lúdicos, como invitar a rapaces e vellos a utilizar paseos en unha pequena barca que tiña no río Tambre, onde hoxe esta a praia, e establecendo competicións deportivas de nenos, nenas, vellos e vellas entre as dúas pontes do río pequeno que circunda, aínda hoxe, o paraxe da praia que acabamos de citar, que en Tapia se coñece por a Insua, abonando do seu peto os premios dos gañadores. Dicían os vellos da parroquia que, en mulleres, gañaba sempre Carmela da Paulas.
Como unha mostra do cariño que tiña pola aldea contamos un detalle que o ilustra: Cando naceu en Santiago a súa citada sobriña Lilí Batalla arranxou á súa conta o camiño de terra de Vilouta a Ameixenda que desembocaba na estrada de Santiago a Carballo na aldea do Mercuto, por onde ian os de Tapia a Compostela, para traela en un coche, daqueles tempos, a bautizar a Igrexa de Tapia.

Despois de ser alcalde viviu só, cunha asistenta, veciña da aldea, Amparo de Landeira, que lle arranxaba os labores da casa. Non tiña coche particular. Viaxaba a pé: ata Lens que intercambiaba visitas regularmente cos de Varela Radio; aos domingos, con traxe, garabata e sombreiro, a Misa das doce na Capela de San Amaro en Barouta, e os viaxes que facía a Santiago,aínda que aquí, dende os anos corenta ía en coche de línea.

En Tapia ninguén lle chamaba Don Oscar era o Señorito.

Tiña un dito: “Non hai mellor vida ca dun só, levándose ben”.

ALCALDE DE AMES

Foi elixido alcalde de Ames nos últimos anos do reinado de Alfonso XIII, reelixido en 1931 coa República e cesado en agosto de 1936 por decreto do gobernador civil

o estallar o levantamento de Franco.

Durante o seu mandato Ames cambiou totalmente de cara, sobre todo a parte norte, totalmente abandonada ata entón. En Obras Públicas o avance foi espectacular: Construíronse as estradas de Roxos-Portomouro, a de Tapia-Ponte Maceira, a de Quintáns a Lens e a de Augapesada-Bertamiráns. Tamén puxo moito interese en coidar e mellorar a de Bertamiráns-Osebe pola Terroeira e a Igrexa de Bugallido.

Mención aparte merece a de Augapesada-Bertamiráns, que, como tardaba o presuposto da Deputación adiantou os cartos do seu peto e dirixiu persoalmente as obras da construción, o que lle supuxo un duro golpe a súa economía persoal; pois co estalido da guerra civil tardou moitos anos en cobrar. Cobrou sen ningunha actualización, a pesares da brutal desvalorización da peseta naqueles tempos. Tenlle contado a algún amigo íntimo que, o que lle custou esta broma. non o sabía a súa familia nin o sabería nunca.

Tamén ten contado a desilusión que levou cando un propietario de Bertamiráns, moi considerado na vila, non lle permitiu enlazar a vía coa estrada de Negreira, sen expropiar, e tivo que desviar a saída por onda o campo de fútbol das Pateiras; tramo que non chegou a botárselle o firme.

No campo da cultura o avance non foi menos importante. Hai que ter en conta que cando foi elixido alcalde aínda existían as escolas de a ferrado, coma a que había na Casa da Fábrica no adro da Igrexa de Ames, que a atendía o sancristán; e as públicas estaban instaladas en casas particulares arrendadas.

Durante o seu tempo foron construídas, para dedicación exclusiva a escolas, as unitarias de Agrón, Trasmonte e Cerdeiras en Ames, as tres costeadas pola Sociedade “Riveras del Tambre y Valle de la Maía” da Habana; a mixta de Tapia, costeada do seu peto particular e doada á parroquia, hoxe propiedade do Concello; a mixta de Seárez de Arriba costeada polos veciños dos dous Seárez, e a do Montiño en Covas sufragada pola Sociedade Veciños de Ames en Buenos Aires.

Pero a situación das novas escolas había de facer rexurdir a praga dos localismos e tivo que crear outras dúas: a de Castiñeiro de Lobo e a de Ventosa, estas en casas arrendadas. Tamén se fixo o local novo da de Piñeiro, pero esta construíuna un particular, o Cardeso, que lla cedeu en arrendo ao Concello.

Ignoro o que se mellorou no resto das parroquias.

No eido económico trabou unha grande amistade e colaboración con Cruz Gallástegui, fundador e director da Misión Biolóxica de Pontevedra en Salceda, o que o facía estar ao día en todos os adiantos agrarios daquel tempo, que trataba de inculcalos en todo o rural de Ames con consellos e demostracións aos labradores e gandeiros.

Tamén era aficionado a arqueoloxía, pois exhíbense no Museo de Pontevedra algunhas pezas de cantería ou lápidas que el atopou en Troitosende e no entorno da capela da Madalena.

 

Creou en Barouta unha feira de gando e produtos do campo que se celebraba o cuarto mércores de cada mes; que colleu un gran apoxeo os últimos anos da República e funcionou ata a decadencia das feiras na última metade do século pasado, conseguindo, con esta ocasión, que a Sociedade Veciños de Ames en Buenos Aires financiase a construción da alfóndega acondicionada para a compravenda de produtos do campo, instalando na mesma unha báscula de pesar o gando en vivo; edificio que hoxe é propiedade do Concello.

No aspecto negativo contaba que lle pasaran cousas insólitas

A súa maneira de ser permitíalle aos veciños acceder a el para pedirlle que lles solucionara xestións que tiñan que facer no Concello e no Xulgado. Cando ía para o Concello andando pola estrada, ía recollendo os encargos e cando viña de volta entregaba as solucións.

Esto non sentaba ben en determinados funcionarios e outros amanuenses que se dedicaban a solucionar estas xestións, que operaban o pé das institucións, cobrando unha pequena comisión ou aceptando a vontade; e cando gañou o goberno o Frente Popular, denunciárono por Alcalde relixioso, por permitirlle aos veciños da aldea de Lamas levar a Cruz ao enterro de Xan Antonio Mata.

Esto provocou que o chamara o Gobernador Civil para pedirlle explicacións, e contestoulle que non fixera mais que cumprir coas circulares que lle enviaba aquel Goberno Civil pedíndolle que dera liberdade o pobo.

Contaba, moitos anos despois, que isto non foi nada comparado co que lle pasou poucos meses despois. Porque os mesmos que o denunciaron por Alcalde relixioso naquela ocasión, poucos meses despois, a primeiros de Agosto do 36, xa convertidos en falanxistas, denunciárono por Alcalde masón. CO QUE ISTO SUPOÑÍA NAQUEL MOMENTO.

Así foi, a grandes trazos, a vida de D, Oscar Lojo Batalla, a quen os veciños lle dedicaron un busto nun pedestal que se conserva diante da antiga escola de Tapia.

About Admin

2 Comments

  1. Pingback: A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909. | Colectivo A Rula

  2. Pingback: Aparece una joya del arte rupestre que se daba por perdida en Ames (La Coruña) - Travel Archaeology - Magazine de Viajes y Arqueología : Travel Archaeology – Magazine de Viajes y Arqueología

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *