ATENDE

Estes son os nomes de Ames

By on mayo 15, 2014

Ames (14.05.2014). Con motivo do 17 de maio Ames Novo lanza unha campaña para divulgar a utilización correcta do topónimos de Ames baixo o título Estes son os nomes de Ames, e que inclúe carteis e manteis de papel cos topónimos de Ames, así como un vídeo comentando as principais dúbidas sobre os topónimos de dous académicos da RAG veciños de Ames.

Co gallo da celebración o 17 de Maio do Día das Letra Galegas, dedicado nesta ocasión figura do poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro, Ames Novo lanza unha campaña en colaboración co comercio local que busca dar a coñecer e impulsar a correcta utilización dos topónimos do noso concello. A campaña difunde os topónimos correctos que designan a cada parroquia e cada lugar de Ames, e para isto estanse distribuíndo carteis que recollen a totalidade destes nomes entre todo o comercio local e outros lugares públicos, así como manteis de papel en establecementos hostaleiros.

Tanto os carteis coma os manteis mostran a listaxe dos topónimos de parroquias e lugares de Ames recollida pola Comisión de Toponimia. No proceso de elaboración destes materiais descubrimos, non sen sorpresa, que a forma que viñamos utilizando (como moitas outras organizacións e, mesmo, sitios oficiais) para designar o val no que se asenta Bertamiráns non era a correcta xa que hai un informe da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia que sinala como a forma correcta a que separa o artigo. Xa que logo debemos escribir A MAÍA e non Amaía.

FotoCampañaLinguaElaboramos tamén un vídeo dando conta dalgúns topónimos do noso Concello que consiste nunha pequena conversa entre os membros da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, veciño de Ames e Ramón Lorenzo, nado en Ames e director do Seminario de onomástica (toponimia e antroponimia) da RAG e unha das maiores autoridades na materia dos nomes dos lugares no noso país.

Recollemos algunhas dúbidas máis ademais do uso da Maía, como os usos correctos de b/v en Covas, Ventín, Biduído, Bugallido, a forma correcta en Castiñeiro de Lobo (e non do Lobo) ou o uso dos artigos en determinados nomes, lembramos ademais que a lexislación establece como única forma oficial do nome dos lugares a galega. De seguro que moitas e moitos levaremos máis sorpresas ou descubriremos nomes que descoñeciamos, porque designar as cousas polo seu nome verdadeiro un paso imprescindible para poder amalas.

Agradecemos a estupenda acollida por parte dos establecementos de comercio local cuxa colaboración imprescindible para que se poida desenvolver a campaña.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *