ATENDE

Europeas en Ames: debacle do PP e AGE 2ª forza

By on mayo 28, 2014

 

Facilitamos os datos de Ames que se poden consultar oficialmente en

http://resultados2014.interior.es/99PE/DPE1115900299.htm?d=0

ou sexa, un total de 9,616 votantes dun censo de 22,570, e por tanto un nivel de participación do 42.61% que queda 3 puntos por baixo dos votos emitidos a nivel galego ou estatal, e no que os votos en branco foron un 3.30% e os nulos un 2.6%. Achegamos as principais conclusións dos votos das Eleccións Europeas en Ames. No final recollemos tamén os resultados das forzas máis votadas por mesas.

 

Afundimento do Partido Popular e da dereita

O PP colleita os peores resultados da historia de Ames, e case os peores de toda Galicia. O PP sitúase no 23.59% dos votos emitidos (sen contar a abstención) e nunca antes baixara do 33% e case sempre estivo por riba do 40% do electorado, mesmo cando perderon a alcaldía no ano 2003 o PP mantivo un 40.89%. O PP de Ames ten un castigo moito máis profundo que o PP xeral. Os desastrosos resultados do PP galegos quedan a moita distancia de Ames un 35.16% fronte a un 23.59%, case 12 puntos menos en Ames que en Galicia. Mesmo resultados catastróficos para o PP como os de Santiago cun 29.14% están moito por riba dos de Ames (23.59%). Lembremos que o umbral da maioría absoluta para gobernar sitúase por riba do 42%.

 

Desfondamento do bipartidismo

A suma dos votos do PP e do PSOE sitúanse no 40.75% do voto emitido (sen contar a abstención), cando os seus resultados habitualmente superaban o 70% Os seus peores resultados rexistráronse nas últimas autonómicas onde ambas forzas sumaban 55,89%, ou sexa que ambas descenden máis de 15 puntos porcentuais desde as últimas e cae practicamente á metade dos seus apoios (máis de 30 puntos). Os resultados do bipartidismo en Ames son moito peores que os do conxunto do Estado (49.06%), os de Galicia (56.89%) ou os de Santiago (47.01%). Se ambas forzas colleitaron moi malos resultados en xeral en Ames acentuaron a caída.

 

AGE asenta como segunda forza de Ames

A Alternativa Galega de Esquerdas foi a 2º forza de Ames cun 17.18%, cousa que xa sucedera con maior contundencia nas eleccións autonómicas nas que non se producira irrupción de Podemos. Ademais AGE foi a 1ª forza en Bertamiráns e Aldea Nova pasando por diante do PP, así como en varias mesas do Milladoiro e na de Augapesada. AGE tivo un número de votos semellante ao do Partido Socialista, pero hai que ter en conta que as eleccións europeas sempre foron moi mal escenario para estas alternativas, por poñer un exemplo o PSOE sempre duplicaba en Ames os votos do BNG nas europeas (en 2004 e 2009) coa excepción do 1999 con Camilo Nogueira.

 

Podemos irrompe con moita forza

Podemos recolle uns magníficos resultados tamén en Ames alcanzando o 10,36% posicionándose como 4ª forza en número de votos, por tras de PP, AGE e PSOE e por diante do BNG ou UPyD. Estes datos aínda foron mellores nas mesas urbanas de maneira que no Milladoiro situáronse no 11.77% e en Bertamiráns o 11.69%. Esta irrupción de Podemos provocou unha caída de votos das forzas de esquerda a respecto das eleccións galegas, mudando de forma significativa os apoios á esquerda, que aumentou bastante no global de Ames.

 

A esquerda arrasa

A suma AGE+Podemos+BNG+CxG alcanza o 36,83% do electorado de Ames, ao que se se lle suma o do Partido Socialista ascende a un 53.99%, fronte ao 23.59% do PP que aínda sumando os apoios do UPyD e Cidadáns quedaría no 31.96%, mesmo sumando o conxunto das forzas da dereita ou asimilables. Polo que se constata a viraxe á esquerda iniciada nas autonómicas, e en especial cara as forzas á marxe da lóxica bipartidista. É dicir non se trata dunha simple redistribución de voto entre varias forzas, xa que o global da esquerda pasaría do 33.69% en 2012 a un 36.83% sen contar ao PSOE, e incluíndo a Socialistas pasaría dun 49.79% a un 53.99%.

 Resultados mesas Ames

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.