ATENDE

AGE saca adiante a proposta de reparación do Centro de Saúde do Milladoiro, e o PP dálle «largas» ao novo Centro

By on junio 13, 2014

O 24 de febreiro a deputada Eva Solla portavoz de sanidade do grupo Parlamentario de AGE visitou xunto a voceira de Ames Novo Pilar Candocia o Centro de Saúde do Milladoiro para comprobar o deterioro das instalacións, así como o emprazamento previsto para o novo Centro. Estiveron falando coa responsable do Centro e outros profesionais, e como froito da visita AGE presentou a Proposición Non de Lei (PNL) que se recolle aqui abaixo.

A moción foi debatida na Comisión de sanidade do Parlamento de Galicia o xoves 12 de xuño, e como resultado do debate decidiron votar de forma separada cada un dos puntos de maneira que o saiu aprobado por unanimidade o 1º punto referido ás obras de reparación do centro, e rexeitado polo voto en contra do PP o 2º en referencia ao inicio do novo centro.

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa dos seus deputados Eva Solla Fernández e Xabier Ron Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara presenta a seguinte Proposición non de lei para a o seu debate en Comisión, relativa ao centro de atención primaria do Milladoiro, Ames.

O actual centro de saúde do Milladoiro, no concello de Ames, sufre un deterioro importante por falla dun mantemento axeitado do edificio e debido tamén á antigüidade do mesmo. Este deterioro permitiu que durante o inverno o centro de saúde se asulagase froito das múltiples filtracións de auga, causando problemas na atención sanitaria, algunhas consultas tiveron que ser pechadas, e un risco evidente para doentes e persoal, xa que deben traballar no medio de caldeiros e recipientes para recoller as goteiras, cun chan perigosamente húmido.

Estes feitos nonFotoCentroSaúdeMilladoiro son nada puntual, xa que o deterioro é consecuencia de anos de deixadez. A mesma que permite que as veciñas e veciños do Milladoiro teñan que seguir sendo atendidas e atendidos neste centro, con múltiples deficiencias: os espazos de traballo e o persoal son insuficientes para o volume de poboación atendido; as consultas de pediatría estanse a proporcionar nun baixo anexo ao centro de saúde ao que se accede pola rúa; o centro non conta con elevador e só se pode acceder ás consultas do piso superior polas escaleiras; etc.

Estas graves carencias deberan ser solventadas coa construcción dun novo centro de saúde, centro, comprometido pola Xunta de Galicia e nunca construído e para o que en 2014 orzamentaronse menos de 20.000 euros, cantidade claramente insuficiente. Ao tempo que foron rexeitadas as emendas aos Orzamentos da Xunta, coma a de Alternativa Galega de Esquerda, que propuñan aumentar tal partida para que a construcción do centro poidese levarse a cabo.

A situación actual é que o novo centro non ten visos de ser construído e o antigo posúe unhas graves deficiencias que non están a ser subsanadas.

Por estes motivos, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1.- Licitar e levar a cabo as obras de reparación do Centro de Saúde do Milladoiro, en Ames, antes de finalizar o período estival.

2.- Proxectar o novo centro de saúde de Milladoiro e iniciar a súa construcción antes de finalizar o ano 2014.

Compostela, 15 de maio de 2014

Asdo. Eva Solla Fernández, Deputada do G.P. da AGE.

Xabier Ron Fernández, Deputado e Portavoz S. do G.P. da AGE.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.