ATENDE

Ames Novo e o Partido Socialista esixen que se admita a todas as persoas solicitantes do Xuño Lúdico

By on junio 18, 2014

(18-06-2014) O Grupo Socialista e Ames Novo veñen de rexistrar un escrito demandando que se conceda praza a todas as persoas solicitantes do Xuño Lúdico 2014, e deste xeito evitar que a cidadanía sufra de novo as chapuzas do goberno do PP. Neste caso o Concello pretende vulnerar as bases da propia convocatoria dado que publicaron as listaxes provisionais o día 10 de xuño, os/as solicitantes dispoñen de 10 días hábiles para reclamacións e pretenden facer o sorteo antes de que remate este prazo. Este prazo remataría o sábado 21, e hoxe publicitaron que o sorteo tería lugar o venres 20 de xuño ás 9:15h na Casa do Concello. O programa inicia a súa actividade o luns 23 de xuño.

Ante esta situación os grupos Socialista e Ames Novo solicítanlle ao goberno que remate de vez con este mareo e a desesperación das familias, que admita a todas as persoas solicitantes no programa Xuño Lúdico, que afectaría a un máximo de 24 solicitantes a maiores do número fixado como límite conxunto de 195 participantes para o Milladoiro e Bertamiráns.

O escrito rexistrado por ambos grupos é o seguinte:

D. SANTIAGO AMOR BARREIRO

Alcalde

CONCELLO DE AMES

Asunto: Xuño Lúdico

O 15 de maio de 2014 fíxose pública a oferta do programa Xuño Lúdico, onde se indica que o prazo de inscrición é do 15 ao 30 de maio, e onde se recollen as Bases de funcionamento dos Programas lúdicos (BOP 26-03-2014).

Con data 10 de xuño de 2014 publicouse a Listaxe provisional de admitidos/as excluídos/as xuño lúdico 2014: Bertamiráns e Milladoiro.

Nas bases do Xuño lúdico no seu artigo 7 recolle:

Publicación da lista de admitidos/as:

Darase publicación da lista provisional de admitidos/as nas oficinas municipais do Concello, concedendo un prazo de dez días hábiles para a presentación de reclamacións.”

Unha vez resoltas as reclamacións publicaranse as listas definitivas nas oficinas municipais do Concello”

O Concello de Ames ven de facer público o Sorteo das prazas para os programas do Xuño lúdico que terá lugar este venres, 20 de xuño, ás 9:15 horas no Salón de Plenos.

O Concello deste xeito está vulnerando as propias bases da convocatoria dado que o prazo para a presentación de reclamación remataría o día 21 de xuño (10 días hábiles contados a partir da data de publicación das listaxes provisionais, o 10 de xuño); polo que realizar o sorteo das prazas antes de rematar o prazo de reclamación é contrario á propia bases. Ademais o programa iníciase o luns 23 de xuño e xa non cabería posibilidade de resolvelo previamente garantindo os dereitos dos/as solicitantes.

Ante esta situación SOLICITAMOS

que sexan admitidas todas a persoas solicitantes do Xuño Lúdico 2014

Ames, 18 de xuño de 2014.

Asinado

En nome do grupo Socialista

Isabel González Cancela

En nome do grupo de Ames Novo

Pilar Candocia Pita

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.